A décima edición do Atardecer no Gaiás con control de acceso esgota entradas

Os concertos do mes de xullo están xa completos debido ao novo sistema de reservas

3/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Cidade da Cultura anunciou onte o seu programa e condicións para a décima edición dos concertos Atardecer no Gaiás e a resposta foi inmediata esgotando as prazas que se ofrecían para todo xullo. O músico vigués ex-Los Piratas, Fon Román abrirá o ciclo o día 9 , cun cartel íntegro de artistas galegos para este verán que ofrecerá 8 concertos entre ese día e o 3 de setembro. Fon Román, o dúo de trap Verto e Xoana serán os artistas que pasen polo Gaiás no mes de xullo e para cuxos concertos xa se abriron e esgotaron en poucas horas as reservas. Guadi Galego, Quinteto Nós, dani, Budiño e Son Trío completan a oferta musical desta edición. Os condicionantes actuais levaron a un cambio importante xa que só poderán acceder a cada concerto ata 180 persoas na explanada da CdC e debe facerse por reserva previa, aínda que de balde, que despois deberá ser confirmada na asistencia uns días antes. O uso da máscara é obrigatorio tamén, canda menos no acceso e ata estar situados no asento asignado correspondente. As entradas e asentos distribúense entre 80 entradas individuais e 50 dobres só para conviventes. As reservas para os concertos de agosto e setembro aínda non están activadas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Fon, Fon Román, Budiño...

Claves

Conceptos
Lugares