Carabela publican 'Club A Noite (REMIX)'

A banda dálle unha volta máis escura e hipnótica ao seu anterior traballo

| Santiago / S. Montes | Seccións: Música
Compartir:
Carabela publican 'Club A Noite (REMIX)'

Case exactamente un ano despois de sacar o álbum 'A noite' (2024) e tendo gañado polo medio o XVI Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a área de cultura da Deputación da Coruña, a banda noiesa Carabela publica 'Club A Noite (REMIX)' unha recupración daqueles temas desde outra perspectiva. Nas súas sete pistas o grupo incide no carácter máis electrónico e rítmico para outorgarlle aos seus temas espazo nas pistas de baile techno, desde a confluencia coa música tradicional. O disco engade ademais numerosas colaboracións de outros artistas da escena electrónica galega, como RAWLA, Remora, ELBA, Midori ou Juait, deixando unha instantánea do bo nivel polo que na actualidade está a pasar o xénero no país, necesitado de espazos onde amosar todo este talento. Nos sete temas de 'Club A Noite (REMIX)' a banda sitúanos na escuridade das pistas de baile do techno e os seus subxéneros, coas cadencias tribais e as atmosferas cósmicas ás veces, hipnóticas outras, creando capa sobre capa un traballo cheo de sutilezas e potencia.

Que che parece esta nova?
226 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Narf, Deputación da Coruña, Medios de comunicación