Carabela gañan o XVI Premio 'Narf' da Deputación da Coruña

A formación venceu na final do certame musical ante Cinta Adhesiva e o dúo de Gloria Pavía e Rafa Morales

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Recollida do premio   Foto: Deputación Provincial da Coruña

Recollida do premio Foto: Deputación Provincial da Coruña

A banda compostelá Carabela resultou a gañadora do XVI Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a área de cultura da Deputación da Coruña. Así o decidiu onte o xurado, que outorgou o segundo premio a Gloria Pavía e Rafa Morales e o terceiro a Cinta Adhesiva, nunha gala que contou coa actuación de De Ninghures como banda convidada. Carabela recibe un premio en metálico de 4.000 euros; Gloria Pavía e Rafa Morales, 2.000 euros, e Cinta Adhesiva, 1.500. O xurado, formado por Martiño Suárez, Faia Díaz, Teresa Cuíñas, Noel Feáns e Rodri Míguez e presidido pola deputada de cultura Natividade González, coa xefa de servizo de Cultura e Deporte, Manuela Muñiz, como secretaria, destacou a "gran calidade dos tres grupos", o que provocou que fose "unha decisión moi rifada". Sobre a gañadora, salientaron que é "unha proposta moi complexa de levar ao directo, asumindo un gran risco" e que, neste sentido, "prémiase esa valentía". Deles o xurado destacou que é "unha proposta construída con solidez, que atende o traballo vocal e tamén a melodía, cunha deriva electrónica delicada e sofisticada". Nados en 2021, esta banda noiesa dálle unha nova volta ao temón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gloria Pavía, Deputación da Coruña, Narf, Rodri Míguez...