Xosé Lois Romero e Aliboria, Fillas de Cassandra, Eladio y Los Seres Queridos, Xoel López, Iván Ferreiro, Luar Na Lubre, The Rapants e Grande Amore ou Mariagrep son os artistas orixinais dos que o dúo Galician Army colle os temas sobre os que os Dj's fan a súa labor de produción electrónica e mestura no seu novo traballo NÓS (Esmerarte Industrias Creativas) que xa está dispoñible en varias plataformas desde o pasado DÃa das Letras Galegas. Galician Army son Alberto Prada e Sergio Vallejo dous picadiscos especialistas en música electrónica de baile, moi influenciados polos sons dos anos 80, nomeadamente por Vangelis, Daft Punk, Pet Shop Boys ou Hans Zimmer como referencias recoñecidas. O dúo leva seis anos de traxectoria e recentemente foron os primeiros e facer un 'remix' da canción 'Terra' de Tanxugueiras que tivo entrada inmediata nas pistas de baile do paÃs. Agora seleccionan un feixe de oito temas que van desde o pop ao tradicional, de outros artistas galegos e varios deles en lingua galega, achegándolles o seu traballo de produción e mestura para conseguir o efecto de introducir as cancións no circuÃto dos clubs. O repertorio é variado, incluÃndo pezas moi coñecidas como Turnedo, de Iván Ferreiro, 'Tu gitana' de Luar na Lubre ou 'Non quero perderte' de Eladio y Los Seres Queirdos. O primeiro lanzamento foi a remestura de "La espina de la flor en tu costado - III", de Xoel López. Galician Army ofrecerá xa estas novas producións en directo nos seus espectáculos, respaldadas por un novo concepto de posta en escena co que xa estiveron presentes no festival O Son do Camiño 2022. O dúo xa ten confirmadas varias datas, a primeira o vindeiro 26 deste mes, maio, dentro do Ourensound Fest; tras diso repetirán en O Son do Camiño o 16 de xuño e teñen previsto pasar polo Portamérica, Nachiños Fest de Ferrol e Caudal Fest de Lugo.