O pasado ano o Caudal Fest, este festival de novo cuño e que aparece como de "peche do verán", congregou a máis de 22.000 persoas en setembro na cidade das murallas e este ano busca manter e aumentar todas as cifras. As datas son similares as do 2018, este ano terá lugar o 20 e 21 de setembro, serán dous dÃas completos de festival. Ademais da confirmación da celebración e as datas, a organización da empresa Bring The Noise, xa fixo as primeiras confirmacións artÃsticas do seu cartel con nomes para todas as liñas do mesmo e xa con algúns nomes da escena galega como Xoel López, Agoraphobia e Holywater. Xunto a eles na oferta deste ano do festival aparecen nomes coñecidos da escena do indie tanto no pop, coma no rock e o hip-hop: IZAL, La M.O.D.A., Beret, La Pegatina, Toteking, Carolina Durante, Los Bengala, Tigre Y Diamante, Bocanada e Galician Army. As entradas estarán á venda o vindeiro martes 21 de maio ás 11:00, cunha oferta para as primeiras 1000 de tan só 29€ máis gastos por todo o festival, que conta co apoio do Concello de Lugo.