
Sexy Zebras e Los Bengala encabezan a oferta musical do Festival O Loro Facu. A potencia sonora a cargo de bandas de orixe nacional é un dos denominadores comúns do cartel desta cita. Bandas como Bala, Aphonnic, Niña Coyote eta Chico Tornado, Oh Ayatollah, Minor Empires, True Mountains, Bule ou Kings of the Beach pasaran entre outras polo escenario principal mentres que o no escenario acústico poderán escoitarse as propostas dos portugueses We Bless this Mess, Os Novos, Wasted Wiltons e as actuacións de Pardo e Edu Calvario. Menos dun mes despois desta descarga de enerxÃa sonor ao mesmo sitio encherase de novo de rock and roll cos vatios e as motos do Free Riders Festival que xa ten avanzada parte da súa oferta musical tamén, aÃnda con bandas por confirmar e con moito rock chegado da escena internacional. A veterana formación británica The Professionals do ex-Sex Pistols Paul Cook encabeza o cartel do 2018 presentando o seu recente disco de 2017. Jim Jones and The Righteous Mind, tamén británicos e os noruegueses Bloodlights conforman tamén a parte alta do póster. Hai sitio no Free Riders para o rock galego e asà podemos ver a banda ferrolá Pölisong ou The Pretty Shirts de A Guarda e repite a banda máis local do cartel: os miñoráns The Artificieros, que xa estiveran na anterior edición deixando moi boas impresións.