
Tamén nese mesmo mes de setembro o WOS Festival de Santiago celebrará unha nova edición, a quinta, á que ven de engadir oito nomes no cartel. Os artistas sumados ao cartel seguen definindo as liñas da súa proposta, enmarcada pola súa vontade de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artÃsticas ao redor da música electrónica e a exploración, e avaladas polo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. A lista de nomes é invitación á exploración a través das redes para comezar a coñecelos mellor. WOS Festival x SON Estrela Galicia acolle o primeiro concerto en España de Abul Mogard, unha figura tan misteriosa como encomiada. A banda de jazz galega Sumrrá tamén se une a este programa do WOS. A norteamericana Laurel Halo é un dos grandes nomes da electrónica da última década. Outro artista que encabeza a lista dos novos nomes engadidos ao cartel da cita compostelá é o de Spectrum, proxecto do ex- Spaceman 3 Peter Kember. O produtor e DJ norteamericano Ron Morelli móvese por terreos techno, house ou mesmo disco. O rapeiro Oddisee, a exipcia Nadah El Shazly e os británicos The Evil Usses completan estas novas confirmacións que veñen engadirse ás oito previamente anunciadas para o festival urbano que terá lugar entre o mércores 12 e o domingo 16 de setembro.