Rita Doallo gana o premio Simbad de literatura infantil

O premio está galardoado con 3.000 euros

  • A escritora Rita Doallo fíxose co IV Premio Simbad de Literatura Infantil coa obra Astralistoria , un relato que "combina maxia, imaxinación e memoria". O premio está convocado por AGADELA Alzheimer e ten unha dotación de 3.000 euros. O obxectivo...

O festival Intersección será punto de encontro de estudantes e profesionais do cinema contemporáneo

A oitava edición ofrecerá sete estreas mundiais entre máis de 100 películas de 17 países

  • O festival Internacional Intersección da Coruña celebrará a súa oitava edición do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países. Desenvolverase en espazos clave da cidade como Cantones Cines, ...

As axudas á tradución apoian versións foráneas de 24 títulos galegos

A convocatoria da Xunta non esgota o crédito e distribúe 34.496 euros entre 11 editoras

  • O Diario Oficial de Galicia deste 18 de setembro recolle a resolución das axudas para traducir a outras linguas obras escritas orixinalmente en galego. A convocatoria beneficiará nesta ocasión 24 títulos de 11 editoras diferentes cun total de 34....

María Vázquez recibirá a homenaxe da 47ª Semana de Cine de Autor de Lugo

Máis de 148 películas formarán parte deste evento que se celebrará en cinco espazos da cidade

  • A Semana de Cinema de Autor de Lugo, organizada pola asociación Fonmiñá en colaboración coas administracións autonómica, local e provincial e máis a USC, chega este mes á súa cuadrasétima edición. Entre os días 22 e 28 terán lugar 148 pr...

'Carmucha VST' achega a percusión tradicional á produción musical

A primeira ferramenta dixital con 'samples' de percusión xa está en descarga gratuíta

  • Lévase falando moito desde o mes de agosto da inminente saída de 'Carmucha VST', a ferramenta dixital para produción musical que ofrece as bases de percusión tradicional galega. Agora xa está en liña para descarga e pode comezar a usarse de xei...

Os seis proxectos das Residencias Artísticas no Gaiás comezan a súa andaina

Cada unha das propostas seleccionadas disporá de 8.000 euros para o seu desenvolvemento

  • A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollía este 11 de setembro a presentación dos seis proxectos que se benefician do cuarto programa de Residencias Artísticas no Gaiás (REGA). Cada unha das propostas seleccionadas poderá desenvolve...

Unha aldea na que o mundo continuou

As escavacións na aldea mindoniense de Combarro amosan como a caída do Imperio romano non colapsou as prácticas da sociedade galaicorromana

  • A última campaña na aldea de Combarro (San Vicente de Tigrás, Mondoñedo) permitiu comprobar que neste poboado arrasado por un incendio a inicios do século VI as sociedades posteriores ao Imperio romano mantiveron as tecnoloxías do pasado e come...

San Simón acolle o Encontro Paraíso de artistas investigadores da danza

Reúne aos participantes nas Residencias Paraíso deste ano que presentan os seus proxectos

  • Este venres, 12 de setembro, e durante toda a fin de semana, a Illa de San Simón (Redondela) acollerá o Encontro Paraíso Illa San Simón. Esta cita anual do programa Residencias Paraíso de investigación e creación nas artes do corpo e do moveme...

Cando os nenos mortos non abandonan a casa

Novos achados no castro de Viladonga avanzan que no interior das cabanas poderían gardar e sinalar con estelas os restos dos nenos falecidos

  • Cando subimos ao alto do parapeto do castro de Viladonga (Castro de Rei) observamos unha densa malla de vivendas e rúas que falan da intensa vida deste poboado. Pero o que non sabiamos é que esa croa non só é un espazo de vivos senón que tamén ...

O CDG estrea o espectáculo circense-teatral 'A serie clopen'

A produción propia da compañía pública abre este xoves a temporada no Salón Teatro

  • 'A serie clopen' é o nome do espectáculo co que este xoves o Centro Dramático Galego inaugura a súa nova temporada escénica no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esta produción propia do CDG ofrece un formato híbrido multidisciplinar que...

Paula Cheshire presenta a BD La receta de la magia

Abel Alves e Esteban Tolj continúan as aventuras de Antón dedo D'ouro en O segredo da serpe

  • A editora española Grafito Editorial lanza a última BD da autora pontevedresa Paula Cheshire. La receta de la magia é unha historia de humor e fantasía sobre unha meiga que inicia a súa carreira como creadora de pocións e que, por erro, enche a...

A ourensá Miriam Reyes gaña o Premio Nacional de Poesía

A autora obtén o galardón do Ministerio de Cultura pola obra publicada 'Con'

  • O libro 'Con' (La Bella Varsovia, 2024) valeulle a Miriam Reyes (Ourense, 1974) para merecer o Premio Nacional de Poesía do ano 2025, que outorga o Ministerio de Cultura segundo a decisión do xurado. Reyes é unha poeta, editora e tradutora nacida ...

Un investimento de 550.000 euros amañará as humidades da capela da Orde Terceira da Coruña

A Consellería de Cultura financia a reparación da cuberta de varias edificacións anexas a este templo

  • Ao longo das vindeiras semanas está previsto que comecen as obras de restauración de cubertas na capela da Venerable Orde Terceira, na Coruña. Este conxunto do século XVIII recibirá un investimento de 550.500 euros da Consellería de Cultura par...

Once galerías de arte reparten as axudas da Xunta para asistir a feiras

As firmas participan en encontros do sector en Madrid, Londres, Miami, Mónaco ou Lisboa

  • O Diario Oficial de Galicia deste 5 de setembro publicou a resolución da convocatoria de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados do sector fóra da nosa comunidade. En total foron once as firmas que reparten os ...

O FIC Bueu dá comezo con enfoque internacional

Nesta 18ª edición contará con case 80 películas, das que 43 serán estrea en Galicia e 8 estrea en España

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu dará comezo hoxe venres, 5 de setembro, coa proxección de Romería, a nova longametraxe de Carla Simón, coincidindo coa súa estrea en salas comerciais e a súa preselección para representar a España no...

A vida de Ramiro Isla Couto incorpórase ao Álbum de Galicia

O proxecto do Consello da Cultura Galega dá conta da biografía deste empresario galeguista

  • Como "peleriño do galeguismo polo mundo galego" definía Ramón Piñeiro a Ramiro Isla Couto. A vida deste empresario, marcada polo compromiso galeguista, chega ao Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega nunha entrada biográfica asinada pol...

Triángulo de Amor Bizarro actuará para 'Live on KEXP'

O grupo de Boiro entrará nos directos da importante plataforma internacional de 'streaming' desde Bilbao

  • O grupo boirense Triángulo de Amor Bizarro, é un dos seleccionados para participar nunha serie de directos que terán lugar en Bilbao, e que serán filmados e transmitidos a través da canle 'Live on KEXP' de You Tube. Esta histórica emisora de ra...

O Chanfaina Lab cumpre dez anos de creación audiovisual

San Sadurniño acolle entre os días 5 e 7 a nova xeira do encontro

  • O encontro de creación audiovisual do Concello de San Sandurdiño, o Chanfaina Lab, fai dez anos. Entre o 5 e o 7 de setembro, 25 cineastas profesionais e afeccionados gravarán as súas curtametraxes en diferentes localizacións do concello. O prog...

Unha exposición amosa as últimas propostas do videoxogo galego

O Centro Comercial Pontiñas de Lalín acolle esta iniciativa o vindeiro 6 de setembro

  • Unha mostra interactiva que permite a coñecer as últimas propostas galegas no ámbito dos videoxogos. Esta é a proposta que realiza Videoxogo.gal, asociación que agrupa empresas do sector do entretemento electrónico do país, o vindeiro 6 de set...

O Festival de Poesía do Condado volve reunir en Salvaterra aos creadores contemporáneos

Celebra a súa 37ª edición os vindeiros días cinco e seis de setembro

  • O Festival de Poesía do Condado, en Salvaterra do Miño mantén a súa chama acesa e celebra a súa 37ª edición os vindeiros 5 e 6 de setembro. A cita co xénero lírico, complementada cunha oferta musical, reunirá na vila unha importante represe...