O Chanfaina Lab cumpre dez anos de creación audiovisual

San Sadurniño acolle entre os días 5 e 7 a nova xeira do encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Chanfaina Lab cumpre dez anos de creación audiovisual

O encontro de creación audiovisual do Concello de San Sandurdiño, o Chanfaina Lab, fai dez anos. Entre o 5 e o 7 de setembro, 25 cineastas profesionais e afeccionados gravarán as súas curtametraxes en diferentes localizacións do concello. O programa, organizado polo concello, propiciou desde o seu nacemento 215 curtametraxes, todas elas dispoñibles en liña.

Entre os nomes participantes atópase un 60% de persoas nadas ou residentes no concello. Anxo Pena, Iago Lourido, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e o colectivo NaraíoMedia, ademais dos xa veteranos grupos de A Rigueira e Teño unha horta fan parte desta selección. Canda a estas propostas creativas participan outros nomes do do talento local cineastas como como Fran da Lobeira, Roberto Grandal, Abel Vega, o debuxante e autor do cartel deste xeira Leandro Lamas ou o colectivo The Sungirls, entre outros.

A estas súmanse propostas de fóra do concello, que combinan novos nomes do audiovisual do país como Rocío Campoy e Gala Rodríguez, cos de profesionais con traxectoria ás súas costas como Carlos Amil, Milagros Bará, Quique Otero e Pablo Fontenla. Tamén fan parte da iniciativa Area Erina, Brandán Cerviño, Irene Pin, Álvaro Núñez ou Gon Caride.

O programa inclúe ademais proxeccións, de Eira de cineastas e Antes de nós, un concerto do grupo Nebra e a presentación do libro O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas de Manolo González, ademais dunha exposición de fotografía a recoller a traxectoria desta iniciativa. De xeito previo a estas xornadas, o encontro organizou tamén, a finais de agosto, un obradoiro de dirección de fotografía e outro de interpretación ante a cámara.

Que che parece esta nova?
138 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Sadurniño, Fotografía, Carlos Amil, Area Erina...