
Será sábado cando comezen as grabacións desta xeira. Como é habitual, as 41 persoas inscritas terán 48 horas para completar a rodaxes das súas pezas no concello. A listaxe de profesionais que confirmaron a súa asistencia ao evento comprende nomes coma Abel Vega, Aldara Pagán, Ana Martínez, Ana Moreiras, Ana Lamas, André Barbé, Ángela Arnosa, Antón Rodríguez, Anxo Santomil, Bieito Beceiro, Carmen Bouza, Carmen Couce, Catalina Rodríguez, Consuelo Picos, Cruz Piñón, Eloy Arnosa, Fran Bermúdez, Fran X. Rodríguez, Graciela Galdo, Iago Lourido, Irene Beceiro, Javier Seoane, Lucia C. Pan, Luis Avilés, Manolo Abad, María Yáñez, Mónica Cibreiro, Noemi Caneiro, Olga López, Pablo Martínez, Roberto Bouza, Sara Alonso e Noelia Uceira.
A eles súmase, segundo adianta o concello, "un grupo de sete mozos de Naraío coa intención de gravar durante a fin de semana a segunda parte dunha curtametraxe filmada na parroquia hai 25 anos". O programa inclúe tamén a proxección na noite do sábado do documental Hamada de Eloy Domínguez na Casa da Cultura municipal.