O Chanfaina Lab cae a última hora do calendario anual

O programa do encontro audiovisual en San Sadurniño traspasarase ao 2021

24/8/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas CulturaisSociedade

A nova vítima cultural do escenario sanitario é o encontro audiovisual Chanfaina Lab, previsto na localidade de San Sadurniño para a primeira fin de semana de setembro, que non se celebrará este ano. O alcalde, Secundino García, comunicou o pasado día 20 a decisión do executivo municipal, fundamentada na necesidade de ofrecer as máximas garantías preventivas no contexto de continuo aumento de casos positivos por coronavirus en Galicia. Parte do programa do Chanfaina tentarase acomodar na edición do ano que vén. O edil confirmou que manterá o programa de actividades e o convite aos cineastas pasándoo para 2021. O evento baséase na convivencia estreita durante unha fin de semana de setembro entre creadores e creadoras chegadas desde distintos puntos e persoas de San Sadurniño que colaboran na elaboración das pezas audiovisuais, ou que mesmo producen as súas propias curtas. O alcalde alude a que o actual contexto sanitario “racha con esa filosofía de proximidade e case de contacto físico entre participantes, parte deles de idade avanzada”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O evento anunciárase hai poucas datas e ía comezar o xoves 3 de setembro cun obradoiro de montaxe impartido polo realizador Fran X. Rodríguez. O venres 4 desenvolveríase a "Eira de cineastas" na que as persoas participantes -máis dunha trintena este ano- proxectarían unha pequena mostra representativa de cadansúa traxectoria audiovisual. O sábado e mailo domingo tocaría percorrer o territorio á procura de historias para filmar e, ademais, estaba prevista unha proxección ao aire libre do filme de Óliver Laxe O que arde. A suspensión ten como consecuencia directa que tampouco se celebrarán as estreas das curtas a principios do mes de febreiro.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Sadurniño, Filosofía, Obradoiro

Claves

Conceptos