Polémica polas declaracións da concelleira de Cultura da Coruña

Calificou de "cousas demasiado galegas" a programación cultural do anterior goberno

  • As declaracións da flamante concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, sobre a programación cultural do anterior goberno municipal están a xerar unha ampla polémica. Nunha entrevista a El Ideal Gallego , a edil sinalaba que na cidade "ata...

A arqueoloxía como hobby (II)

Moitas escavacións aproveitan o traballo de afeccionados ao patrimonio histórico

  • Para alén do traballo de descuberta, documentación e difusión de restos, non faltan casos nos que afeccionados á arqueoloxía abordan traballos de envergadura. Escavacións e publicacións xorden da man de asociacións e colectivos, e non é estr...

Xornal de Galicia fecha a súa edición en papel

A cabeceira súmase aos medios desaparecidos no último ano e só se editará na rede

  • Mañá, catro de agosto, é o último día no que Xornal de Galicia se editará como medio impreso. A partir desta data, a cabeceira voltará a ser un medio exclusivamente dixital. Segundo anunciou a empresa, o proxecto pretende continuar o seu traba...

As primeiras conclusións do Curso de Dinamización Lingüística apostan por reformular o discurso

Entre outras propostas analízase o descoñecemento dos dereitos lingüísticos e apóstase pola actuación en positivo

  • Moita xente ignora os seus dereitos lingüísticos e non hai consciencia de que son as administracións as responsables de os facer cumprir. Estes son algúns dos apuntamentos que se extraen do documento co que se pretenden elaborar as conclusións d...

A arqueoloxía como hobby (I)

O traballo dos arqueólogos afeccionados é fundamental para descubrir e divulgar o noso patrimonio

  • Son unha multitude. Coñecedores da historia que buscan, descobren, documentan, divulgan e en ocasións mesmo escavan e musealizan pezas do noso patrimonio. Malia ao traballo de institucións, empresas e universidades, os arqueólogos afeccionados se...

Nace unha asociación para potenciar as radios locais

Preséntase no marco do Festigal

  • No marco do Festigal, encontro de tendencias, música, cultura e diversidade en Galicia (Santiago, 24-25 de xullo), presentarase ao público “Son radiofusión”. Trátase dunha asociación que pretende buscar unha masa social para axudar a manter ...

Tempos de mudanza para a normalización

O VII Curso de Verán sobre dinamización lingüística aborda a necesidade de modificar os discursos sobre o galego

  • ...zación é un concepto bastante vago e moita xente interprétao de diferentes xeitos, ben como emprego normal, outros como uso continuo ou outros aínda como contar cunha maioría de falantes de galego, e iso dificulta saber cara a onde deberíamos camiñar...

Un documental rexistrará os testemuños vencellados á reivindicación do galego

Fai parte dun convenio do Consello da Cultura e Educación de traballos técnicos sobre o idioma

  • Un ano despois do primeiro convenio entre o Consello da Cultura e a Consellaría de Educación, ambas entidades volven colaborar xuntas nun traballo de carácter técnico sobre o idioma. A través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do ...

Tras o armario da Idade Media

Carlos Callón guíanos pola Compostela que garda historias da homosexualidade medieval

  • Co ensaio Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media , o filólogo e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón (Ribeira, 1978) achégase ao descoñecido mundo da homosexualidade na Idade Media gal...

Cómo celebrar a cultura

O debate sobre manter como festivo o Día das Letras revive canda a outras cuestións sobre esta data

  • O grande eco social que obtivo o Día das Letras dedicado a Lois Pereiro neste 2011 fai rexurdir o debate sobre o modelo de celebración da festa da nosa literatura. Entre outros temas, volta á palestra o debate sobre se o 17 de maio debe ser labora...

A RAG apela á responsabilidade da sociedade e goberno ante o devalo do espazo da comunicación

Elaborá un informe que afonda nas causas e solucións

  • O peche do único diario monolingüe en galego ( Galicia Hoxe ) non é un síntoma preocupante, nin un daño colateral da crise económica senón moito máis segundo a Real Academia Galega. A entidade acaba de emitir un comunicado no que afirma ser u...

Estes clips soan

Revisamos os creadores de videoclips galegos cando se vive un bo momento para o xénero

  • Por número, por calidade e por relevancia, o videoclip galego está a vivir un bo momento. Sábeo ben Alfonso Pato, ideólogo do festival de Cans e do extinto programa Onda Curta, que cada ano se sorprende pola calidade deste tipo de traballos. “O...

Máis ca un xornal

Co peche de Galicia Hoxe, desaparece un difusor cultural

  • Malia que Galicia Hoxe se presentou baixo tal nome nos quioscos un 17 de maio de 2003, en realidade a súa andaina comenzou moito antes. En 1994, o Grupo Correo Gallego creou unha cabeceira ( O Correo Galego ) que se converteu durante case dúas déc...

Coas raiceiras do viño

Adegueiros e divulgadores exploran en Galicia a irmandade entre o viño e o resto da cultura do país

  • Os visitantes da catedral de Tui atopáronse este sábado cunha actividade inusual no vello templo: o claustro acollía a xornada “A emoción dos viños”, unha proposta que tentaba vincular cultura e enogastronomía coa colaboración dos viticult...

Poesía para exposicións

Xosé María Álvarez Cáccamo explora as formas máis plásticas na súa poesía

  • Poemas escritos a man facendo formas, con tinta de cores. Máquinas de escribir que son ao tempo textos. Libros furados con lámpadas dentro. Sonetos feitos exclusivamente de topónimos, e esdrúxulos por engadidura. Para alén da súa traxectoria po...

Da memoria á rede

As polafías da Asociación de Escritores superan os 300 videos de tradición oral en Internet

  • Desde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías. Esta iniciativa recolle contos, cancións e historias populares en encontros por todo o país e súbeas á rede. Antonio...

O Equipos de Normalización repasan en video os seus 20 anos

A canle de Youtube da Coordinadora destas entidades achega tamén conferencias sobre a súa historia

  • O pasado 5 de xuño a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebraba en Compostela os vinte anos de existencia destas entidades. Agora, no seu canle de Youtube, esta plataforma publicou tres vídeos nos que fai un r...

Ecosistemas monumentais

A conservación dos bens culturais galegos non ten en conta as especies animais que viven neles

  • Murallas, catedrais, templos e castelos acollen toda unha serie de formas de vida. Animais e plantas que, nalgúns casos, poden afectar á integridade destes monumentos. Ao contrario, determinadas tarefas de limpeza e restauración do patrimonio cheg...

A Irmandade Xurídica Galega convoca a súa IV asemblea

O encontro a prol da lingua homenaxeará a Fermín Bouza Brey

  • A Deputación de Pontevedra acolle o vindeiro 2 de xullo a IV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. No encontro incorporaranse 25 novos membros a este colectivo que defende a normalización da nosa lingua na xustiza. Ademais, renderase homenaxe a F...

Polaqia di adeus

O colectivo galego de autores de BD despedirase ao final deste ano

  • ... rock de verdade e retirarnos pola porta grande", explica Rubín. A exposición Acción #1 no edificio Normal da Universidade da Coruña, é o comezo das actividades de despedida. Na mesma, os diferentes autores do colectivo comparten espazo cos artistas ...