O Equipos de Normalización repasan en video os seus 20 anos

A canle de Youtube da Coordinadora destas entidades achega tamén conferencias sobre a súa historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O pasado 5 de xuño a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebraba en Compostela os vinte anos de existencia destas entidades. Agora, no seu canle de Youtube, esta plataforma publicou tres vídeos nos que fai un repaso polas actuacións que se desenvolveron neste tempo. Aos audiovisuais 20 anos normalizando cara á sociedade, 20 anos normalizando no ensino secundario e 20 anos cos Equipos de Normalización nas augas vivas da lingua súmase, na mesma canle, un video de homenaxe a Agustín Fernández Paz e gravacións das diferentes conferencias que se puideron escoitar no acto de celebración.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Ensino, Santiago de Compostela