Os Equipos de Normalización celebraron os seus vinte anos

Agustín Fernández Paz denunciou no acto a política lingüística da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Museo do Pobo acollía onte o acto de celebración do XX Aniversario dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) en Galicia. O evento serviu para repasar a evolución destas entidades ao tempo que se fixeron diferentes chamamentos para continuar o traballo a prol da difusión e naturalización do galego. No acto rendéuselle homenaxe a Agustín Fernández Paz, sobre quen a actual coordinadora xeral dos END, Valentina Formoso, sinalou que “os normalizadores sempre vimos en Agustín Fernández Paz a ética e a dignidade na que cremos e na que queremos recoñecernos”. Na súa intervención, Fernández Paz recoñeceu o importante labor destas entidades e denunciou "o intento da Xunta de baleirar de contido a normativa sobre a lingua”

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Política Lingüística, Lingua galega, Museo do Pobo Galego