Valentín Paz Andrade en vídeo

A CRTVG e Youtube acollen entrevistas e documentos fílmicos sobre o homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Segundo se achega o Día das Letras van aparecendo novos contidos encol Valentín Paz Andrade. Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentan unha guía de recursos didácticos nos que recuperan unha serie de producións videográficas encol do homenaxeado. Para alén de traballos audiovisuais escolares, o web recolle a canle de Youtube na que se amosan os vídeos da exposición que se lle dedica a Paz Andrade, con diferentes entrevistas encol da súa persoa.

Ao tempo, o web da CRTVG recupera vídeos históricos sobre o galeguista, entre eles o seu discurso de ingreso na Real Academia de Ciencias, o programa Valentín Paz Andrade: un tempo, unha tarefa que se realizou con ocasión da morte do seu protagonista ou o especial do espazo cultural Eirado que se lle dedicou o pasado mes de xaneiro.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Paz Andrade, CRTVG, Guía, Morte...