Ultímanse as propostas de dinamización para o Día das Letras

TVG ou RNE achegan documentación sobre Valentín Paz Andrade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Paz Andrade. Cen chaves de luz e mais Valentín Paz Andrade: Verbas e feitos son dous do documentais que teñen como protagonista o homenaxeado no Día das Letras deste ano e que poderemos ver proximamente. O primeiro deles estará dispoñible no web linguagalega.tv, mentres que a TVG emitirá o segundo en dúas partes entre mañá e pasado. Canda a estas producións, Radio Nacional de España en Galicia recupera ao longo desta semana entrevistas e contidos encol de Paz Andrade que se emitirán na hora do informativo habitual da cadea.

O Centro Integrado de Formación Profesional Valentín Paz Andrade de Vigo acollerá os actos centrais programados pola Xunta de Galicia e mais a Real Academia Galega para o día 17. O espazo acollerá a exposición multimedia sobre o autor que está a percorrer o país. Bibliotecas, centros de ensino e centros galegos no exterior acollen toda unha serie de actividades co gallo da conmemoración.

A estas propostas súmase tamén a cadea de supermercados Vegalsa-Eroski, que presenta hoxe mesmo a súa campaña con ocasión da efeméride.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Paz Andrade, TVG, Documentais, Bibliotecas...