A Irmandade Xurídica Galega convoca a súa IV asemblea

O encontro a prol da lingua homenaxeará a Fermín Bouza Brey

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Deputación de Pontevedra acolle o vindeiro 2 de xullo a IV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. No encontro incorporaranse 25 novos membros a este colectivo que defende a normalización da nosa lingua na xustiza. Ademais, renderase homenaxe a Fermín Bouza Brey, maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra nos anos 50, cunha biografía a cargo de Clodio González Pérez. Don Santiago Torres Bernárdez, xuíz da Corte Internacional de Xustiza, recibirá a medalla de ouro desta entidade. A Irmandade Xurídica naceu hai catro anos no seo da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e conta con máis de cen membros nas súas filas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Ouro, Deputación de Pontevedra