O día 31 deste mes de marzo cúmplense cen anos do nacemento do Fermín Bouza Brey. Por este motivo comezan a sucederse os actos conmemorativos. O primeiro comeza hoxe coa celebración dun Congreso na súa Ponteareas natal no que filólogos, literatos e especialistas afondarán na vida e obra de Bouza Brey.
Programa
Hoxe comeza a primeira das dúas xornadas adicadas ó creador do "Neotrobadorismo". Xosé Manuel Dasilva, filólogo e profesor na Universidade de Vigo, Moné Fernández, Historiadora no Museo da Biblioteca Municipal de Ponteareas, o antropólogo Xaquín Rodríguez e Xosé Luís Bouza Álvarez farán un percorrido polo pensamento do escritor, ademais de abordar as relacións con outras figuras da literatura como Ramón Otero Pedrayo a través da literatura da revista "Nós" Por outra banda, a clausura do congreso corre a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Barreiro quen falará da outra cara menos coñecida de Bouza-Brey, a súa faceta de historiador, cunha ponencia titulada "Bouza-Brey historiador de Galicia". Nas xornadas do venres participarán Fernando Acuña Castroviejo, Carlos García Martínez, Xosé M. González Reboredo e Fermín Bouza Álvarez.
Actos para o día 31
Malia a celebración deste congreso, o día 31 terá lugar o acto institucional. Un evento que comezará as sete da tarde no que a alcaldesa de Ponteares, un representante da familia do homenaxeado e un representante da Real Academia Galega descubrirán unha placa conmemorativa na casa natal do poeta e investigador ponteareano.
Fermín Bouza Brey
Fermín Bouza Brey (1901-1973) foi homenaxeado no Día das Letras Galegas do 1992, ano no que o concello de Ponteareas decirdiu recuperar a súa vida e obra, divulgando a súa faceta máis descoñecida: a de historiador. Como literato destaca o seu labor no Centro de Estudios Galegos, continuado logo no Instituto Padre Sarmiento; aínda que as súas primeiras colaboracións fainas en "Nao Senlleira", "Seitura", e "Nós". Investigador en prehistoria e arqueoloxía, arte, historia e etnografía desenvolveu un labor de investigación que aínda continúa.