Nace a Irmandade Xurídica Galega para pular pola lingua na Xustiza

Constituise o sábado en Celanova

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén de constituír a Irmandade Xurídica Galega, unha nova asociación que pretende impulsar o uso da lingua galega en todos os departamentos da Administración de Xustiza. O acto de inauguración, celebrado o sábado no Mosteiro de Celanova, incorporou aos vinte primeiros membros da asociación. Nos seus obxectivos está en reunir ao redor da promoción do galego na Xustiza a maxistrados, fiscais, notarios e persoal da Administración que traballan nos órganos xurisdiccionais en Galicia.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Normalización Lingüística, Lingua galega