A Irmandade Xurídica reclama a galeguización da oficina xudicial

Mariña Pérez Rei fíxose co premio de artigos normalizadores de Carballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A galeguización da oficina xudicial preséntase como a principal demanda da Irmandade Xurídica Galega de cara á asemblea que celebra esta entidade o vindeiro sábado. Segundo explican desde esta asociación, a atención na nosa lingua nesta administración está comprometida porque o sistema informático só está dispoñible en castelán. A Irmandade celebra este sábado a súa asemblea anual, na que incorporará 35 novos membros.

En paralelo, coñeceuse o resultado do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo. Mariña Pérez Rei, xornalista e escritora fíxose co galardón, co seu traballo O sotaque de Aurelia. Ademais dos mil euros do premio, o texto sairá publicado en múltiples medios que colaboran coa iniciativa.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Pérez Rei, Concello de Carballo

Claves

Protagonistas
Lugares