Nace un colectivo para normalizar o galego no ámbito sanitario

A Irmandade Sanitaria Galega preséntase o vindeiro sábado 29 na Estrada

27/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
18 lecturas | Compartido 0 veces
No marco dos colectivos que se coordinan no proxecto Galeguizar Galicia nace agora a Irmandade Sanitaria Galega. Esta nova asociación pretende "o impulso do humanismo e a normalización da lingua galega neste ámbito", e quere difundir a nosa lingua na interacción dos profesionais do sector cos pacientes. Segundo anuncia na súa presentación, o proxecto reivindica a tradición da Escola Médica Galega con nomes coma Varela de Montes, Nóvoa Santos, Rodríguez Cadarso, Rof Carballo, García Sabell, López Nogueira ou Reimóndez Portela". O teatro principal da Estrada acolle o vindeiro sábado 29 o acto de presentación a partir das 12 da mañá.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares