Xornal de Galicia fecha a súa edición en papel

A cabeceira súmase aos medios desaparecidos no último ano e só se editará na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Mañá, catro de agosto, é o último día no que Xornal de Galicia se editará como medio impreso. A partir desta data, a cabeceira voltará a ser un medio exclusivamente dixital. Segundo anunciou a empresa, o proxecto pretende continuar o seu traballo na rede e gañar lectores e influencia. Os problemas económicos que arrastraba, canda a falta de apoios institucionais ao proxecto motivaron, segundo os responsables do medio, esta decisión. Colectivos como a Mesa pola Normalización, o BNG, ou o Colexio de Xornalistas xa expresaron publicamente o seu pesar por esta desaparición e sinalaron a situación de crise na que se atopan os medios galegos. En pouco máis dun ano desapareceron no noso país as cabeceiras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e, máis recentemente, Galicia Hoxe. A edición en papel do medio saíra a rúa o 9 de decembro de 2008 e contaba na actualidade cun cadro de persoal de sesenta traballadores que aínda non teñen fechado cal será o seu futuro.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fechan Vieiros e Chuza!

A desaparición dos dous medios pioneiros deixan un importante oco na Internet galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, A Peneira, Vieiros, BNG...