Son malos tempos para a prensa en galego. O único xornal que publicaba diariamente na nosa lingua desaparecerá mañá dos quioscos. A noticia confirmouna a Culturagalega.org Xavier Cea, subdirector do Grupo Correo Gallego, que informou que mañá sairá do prelo o último número. A desaparición de Galicia Hoxe súmase á de Vieiros, Gznación e a edición impresa de A Nosa Terra, producidas todas elas no último ano.
"A crise económica, especialmente virulenta no sector dos medios de comunicación, e, sobre todo, o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego" explica no seu web El Correo Gallego son os motivos esgrimidos polo medio para argumentar a decisión que deixará sen traballo a 19 profesionais. Galicia Hoxe remudou en 2003 a O Correo Galego, a cabeceira nacida en 1994 para informar na nosa lingua. Segundo explican fontes do propio medio, vaise manter o enderezo web http:www.galicia-hoxe.com.