Malia que Galicia Hoxe se presentou baixo tal nome nos quioscos un 17 de maio de 2003, en realidade a súa andaina comenzou moito antes. En 1994, o Grupo Correo Gallego creou unha cabeceira (O Correo Galego) que se converteu durante case dúas décadas na referencia diaria en galego. Desde hoxe, coa publicación dun simbólico último número, desaparece non só a información monolingüe, senón un difusor da nosa cultura.
Todo comezou un dÃa de reis de 1994. O quiosco amañecÃa cunha cabeceira en galego bautizada como O Correo Galego baixo a dirección de Xosé Manuel Rey Nóvoa. Foi o primeiro xornal monolingüe en galego pero tamén foi pioneiro noutros pequenos fitos. O Correo Galego adiantouse a todos os medios e sacou un “Manual de estilo” na nosa lingua. Un ano máis tarde do seu nacemento, e de xeito conxunto con El Correo Gallego creou a primeira versión electrónica dun medio impreso. O 12 de outubro de 1995, estrearon edición dixital subindo á rede a portada dos dous diarios, máis unha escolma de noticias da edición en papel. Nese mesmo ano, e tras dun cambio de rotativa, incorporaron a cor á súa impresión. Malia que nunca se someteu ao reconto da OJD, hai informes elaborados polo Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura que cuantificaban a difusión de O Correo Galego en 4.011 exemplares diarios.
A experiencia mudarÃa de nome o DÃa das Letras Galegas (17 de maio) de 2003, tras un profundo redeseño e organización interna pero cunha filosofÃa semellante. Foi asà como se converteu en Galicia Hoxe, un xornal que segundo o Informe da Comunicación 2010, “presta especial atención a todos os temas que teñen que ver coa lingua, a cultura e os intereses de Galicia e os galegos”. Máis que o único diario monolingüe en galego, coa súa sección Maré e a súa polÃtica de suplementos, converteuse nun referente da cultura, asà como un difusor de moitas das iniciativas que se producÃan no paÃs.
Maré
Cando no 2003 O Correo Galego se converteu en Galicia Hoxe, a súa sección cultural AFA pasou a chamarse Maré. Entre catro e seis páxinas diarias de información sobre cultura, que deu acubillo á, principalmente, as letras do paÃs. Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, destaca o innegable papel e valor cultural desta sección. “Creo que Galicia Hoxe fixo un traballo inmenso de apoio aos escritores e en especial de apoio aos novos escritores” explicaba Cesáreo. Pero máis alá do valor meramente informativo, “tanto na súa sección, como na publicacións Lecer e Revista das letras, fixeron en especial o labor de concretar e sacar á luz unha nova xeración de poetas que estaban inéditos, ademais de servir para consolidalos e para que tiveran presenza pública”engadiu o presidente da ALG que, ao mesmo tempo considera que “dalgún xeito veu a ocupar ese territorio que son as revistas, que non está moi cuberto no noso sistema literario, as revistas que duraban poucos números e daban a luz, pero que si callaron neste medio”.
Os suplementos e outras iniciativas
Henrique Neira, xornalista que participou no proxecto desde o principio, lembra que "os dous primeiros suplementos de O Correo Galego foron Lecer ou Revista das Letras". Precisamente este último, acaba de celebrar os seus que vinte anos de existencia, xa que naceu orixinariamente ao amparo de El Correo Gallego. Os dous serviron de acubillo da intelectualidade galega de todas as caracterÃsticas. Canda eles están as publicacións Altermundo, o suplemento mensual dirixido por Manoel Santos; o suplemento Universidade, con información dos tres centros de educación superior. Da man de O Correo Galego/Galicia Hoxe tamén se concibiu a cultura en sentido amplo e foron os primeiros en introducir a ciencia(no suplemento Descubrir) , internet (o caderno Océano Internet) e a saúde (Bolboreta) baixo este paraugas.
En colaboración coa editora Sotelo Blanco difundiu a colección UxÃa e os pillabáns destinada a público infantil, da que chegaron a difundir seis números. Dirixida por Tomás Lijó, e coa colaboración do CGAI, editaron unha colección de VHS que facÃa unha percorrido pola historia da curtametraxe galega, desde Mamasunción ata O Carrabouxo. Pero houbo tamén publicacións que compilaron material publicado no xornal: deste receitas de cociña (Pan Comido, de Sela Cea), fotografÃas (Mar de estrelas, con fotos de Jorge Candán) ou artigos (De nunca máis a máis alá, de Xosé Manuel Beiras). En colaboración co Consello da Cultura Galega, en 2008 editaron o coleccionable XXV fitos da cultura galega co que se celebraban as vodas de prata da institución.
Ao lado destas publicacións agromadas do traballo da redacción e dirección deste xornal, hai outras referencias como Todo pasa, todo queda, ensaio de Soedade Noia e de Ferrán Grau sobre a recuperación da memoria histórica; ou A fontanela, revista cultural de vangarda ideada por Antón Lopo, un dos artÃfices da innegable orientación cultural que mantivo esta publicación.
As repercusións
Os 2.493 números publicados baixo a cabeceira Galicia Hoxe deixan tras de si un regueiro de comunicados, notas de prensa e declaracións que denuncian e lamentan a súa desaparición. O Colexio “lembrarlles ás as institucións galegas que deben velar por un espazo comunicativo plural e defender a presenza nel do idioma galego, tal e como establece o Estatuto de AutonomÃa no seu artigo 5. (Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa)”.
Como o de Galicia Hoxe non é un caso illado, senón que se suma as desaparacións protagonizadas por outros medios en galego (Vieiros, A Nosa Terra en papel, A Peneira, Gznación), o Sindicato de Xornalistas aproveita as causas económicas esgrimidas polo grupo Correo Gallego para este peche, para lembrar que as axudas han de ser “mediante concurso obxectivo e público no DOG” e que han de “estar condicionadas á creación de emprego estable e ao uso real e sen discriminacións da lingua propia”.
Con todo, a perda será significativa. Segundo ten cuantificado o informe “A lingua das novas” coordinado polo profesor Miguel Túñez para o Consello da Cultura Galega, a desaparición da porcentaxe do galego na superficie redaccional diminuirá considerablemente. Segundo ese estudo elaborado no ano 2007, a porcentaxe de información publicada en galego era dun 10% con Galicia Hoxe. Se facemos o recálculo sen a presenza deses medio, o resultado é que o galego só ocupa o 3.69% da información editada.
Todos os arquivos deste oito anos de traballo de Galicia hoxe permanecerán na rede. O grupo asegura que “manterá o espÃrito na rede” pero co despedimento dos 19 traballadores, só compre esperar a ver o ritmo de actualización e a polÃtica informativa que lle agardará.