Fechan Vieiros e Chuza!

A desaparición dos dous medios pioneiros deixan un importante oco na Internet galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Nesta fin de semana fecharon as súas portas dous dos medios de comunicación pioneiros da Internet galega. Vieiros, nado hai 15 anos como referente informativo galego na rede e Chuza!, primeiro agregador social de novas na nosa lingua, desapareceron. No caso de Vieiros, os problemas económicos da empresa matriz e falta de apoios publicitarios determinaron o feche, malia ás preto de 20.000 visitas diarias coas que contaba o web. En Chuza! foron as dificultades do fundador e administrador do sitio, Berto Yañez, para continuar co seu labor e a imposibilidade de atopar un relevo o que levou a esta decisión. Diferentes usuarios da paxina están a propor alternativas para que continúe a existir un sitio destas características no noso país. Diferentes medios e webs do país recolleron este feche, que deixa un importante oco na rede e no panorama mediático galego en xeral.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Internet, Berto, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades