A pasada fin de semana a celebración do DÃa da Patria Galega viuse empañado por dúas novas negativas para a nosa cultura. Vieiros, medio pioneiro en introducir Galicia en Internet, e mais Chuza!, primeira proposta participativa sobre actualidade na nosa lingua, botaban o feche. Crise económica, motivos persoais... A situación pon sobre a mesa un necesario debate sobre viabilidade de medios independentes na nosa lingua en Internet.
En 1996 abrÃa as súas portas Vieiros, o barrio galego en Internet. Un listado de páxinas feitas no noso paÃs que se foi complementando con novas e, aos poucos deviu nun auténtico referente da comunicación e da opinión feita na rede. Propostas como o primeiro seguimento desde a rede dunhas eleccións galegas, iniciativas de creación literaria participativa como Por conto alleo, con Camilo Franco, o certame A polo Ghit e todo tipo de contidos e de enfoques que marcaron de xeito evidente a evolución da Internet galega. Os problemas económicos nos que se viu envolta nos últimos anos a empresa matriz deviron finalmente no feche do web o pasado 24 de xullo, malia ás tentativas por salvar o medio e buscar a súa rendibilidade. Porque,mesmo sendo un referente ineludible no paÃs e ás 20.000 visitas diarias que contabilizan os seus responsables, Vieiros continuaba sen ser economicamente rendible por si mesmo. Chuza!, pola súa banda, naceu a imaxe de espazos como Digg ou Menéame, no que os usuarios poden compartir novas doutros medios e comentalas. O que comezou como un experimento deu nunha comunidade moi activa que ofertaba, de xeito colectivo, unha visión alternativa da actualidade. O pasado dÃa 25, o seu fundador e responsable, Berto Yáñez, botaba o fecho por non poder dedicarlle máis tempo ao espazo e non atopar un relevo sólido na tarefa.
A cuestión da lingua
A analizar esta cuestión, Xavier Cea, actual presidente da Asociación de Medios Escritos en Galego (cofundada precisamente por Vieiros entre outros), “a raÃz de feches como este cómpre reflexionar ata que punto desde o sector privado non somos quen, como paÃs, de consolidar este espazo. Entón hai que pensar tamén no papel que teñen que desempeñar as administracións neste sentido, que ao noso ver debe ser moito máis activo”. E é que desde a Asociación consideran que a Administración autonómica é legalmente responsable de apoiar a creación dun espazo de comunicación en galego. “Non podemos ser un paÃs normalizado sen un espazo de comunicación en galego, que está por consolidar. A administración ten o imperativo legal de promocionar e consolidar este espazo, e seguindo con este fÃo entendemos que teñen que lles axudar moito máis do que están facendo aos medmios en galego, tanto en Internet como en papel”.
A pexa dixital
Pola súa banda, Xosé Pereira, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación Novos Medios da Universidade de Santiago, advirte que, para alén das cuestións relacionadas coa lingua, os medios dixitais teñen aÃnda outras pexas para ser viables no noso paÃs. Segundo explica, “existe unha certa discriminación cara aos medios dixitais. De feito, aÃnda que agora xa non acontece, houbo momento nos que as institucións non convocaban os medios en Internet porque nos os consideraba como medios de comunicación. Isto está mudando, pero aÃnda hai un certo problema de credibilidade”. De xeito inevitable, a credibilidade dos medios dixitais inflúe directamente nas súas posibilidades para captar unha publicidade vital na actualidade para a súa supervivencia. “Os anunciantes buscan repercusión, e entenden que a mesma se mide de xeito tradicional, cunha serie de estudos e oficinas de medición. Que acontece, que en Internet sabemos que son moitos máis milleiros os que consumen, pero acontece tamén que as audiencias están medidas de xeito diferente. Ata que creemos esa confianza entre anunciante e medio non conseguiremos máis anuncios. Isto está mudando, e non me estrañarÃa que en dous anos iso dea unha volta máis ou menos importante”. A isto todo, aÃnda se pode sumar o debate sobre o propio modelo de negocio para estas empresas.
Independencia, grupos e institucións
Nese sentido, a ollar os medios galegos que se manteñen actualmente na rede, semella que é imprescindible o apoio dun grupo mediático ou dunha institución para poder subsistir. É o caso das versións web dos xornais que se fan no noso paÃs, de medios como Galiciae e mesmo de Culturagalega.org. Segundo apunta Xavier Cea, “a cuestión económica facilita agora mesmo que sexan grupos de comunicación os que teñan na rede proxectos en galego. Estar baixo paraugas deste tipo axuda moito, sobre todo en momentos malos”. Coincide con el Pereira, que recoñece a importancia que teñen aÃnda os xornais e os medios convencionais para manter iniciativas viables na rede. “Penso que polo de agora a marca que conseguiron os medios en papel durante moitos anos aÃnda vai ter moitÃsimo peso”. No entanto, os dous apuntan que no futuro veremos novos medios que tomarán o relevo dos desaparecidos, e que se desenvolverán de xeito independente a outros soportes. Cea apunta que “sen dúbida, xurdirán máis xornais dixitais que serán independentes de grupos e funcionarán como medios informativos de seu”. Segundo Pereira, “aparecerán novas iniciativas que non terán o peso dunha empresa de comunicación tradicional detrás, pero aÃnda hai que lle dar tempo á situación. Estamos a falar dalgo no que levamos vinte anos, non debemos perder a perspectiva. Se o aplicamos a outros sectores é un perÃodo razonable para chamalo iniciático, pero está claro que vai variar”.
Os ocos
Nos dous casos, coinciden en sinalar que queda espazo para medios en galego na rede. “Nun contexto como o noso, os medios de comunicación galegos teñen que ter necesariamente o seu nicho. Está claro que hai moitas posibilidades tanto a nivel de contidos como de experiencias empresariais” sinala Pereira. Para este investigador, a situación actual non pasa de ser unha fase reaxuste na evolución duns medios novos, e pódense establecer analoxÃas con outros perÃodos. “Os medios de comunicación en Internet teñen aÃnda que ter moito percorrido. Están aÃnda comezando, e teñen moito futuro. Como todos os experimentos, teñen diferentes fases. Hai momentos de fascinación, de reaxuste, de conclusión ou de aparición de novas iniciativas. Estamos a vivir mudanzas que son as habituais cando se consolida un ecosistema de medios, pero o que acontece é que imos a unha velocidade de vertixe. Cando apareceron as televisións locais déronse tamén fases semellantes. Comezaron a nacer por todas as esquinas, fóronse axustando e logo houbo unha lei e unha reforma estrutural que lles deu un sentido moi diferente ao que tiñan cando naceron. E iso é tamén o que está pasando en Internet, pasamos por varias fases e chegaremos a puntos diferentes”.
A importancia da innovación
En calquera caso, tanto Pereira como Cea apuntan a importancia que o traballo de medios como estes tivo para o desenvolvemento dun espazo comunicativo galego en Internet. Segundo Cea “Vieiros en concreto ten un percorrido moi importante neste sentido. Son quince anos de traballo pioneiro. En 1995 realmente Galicia estaba sen presenza en Internet e foi un xornal de referencia. Anovou moito, creou estilo sendo á vez fresco e espontáneo e moi profesional e funcionou como unha auténtica escola de xornalistas. Tivo moita influencia no presente e no futuro do xornalismo dixital”. Do mesmo xeito, Pereira salienta a innovación constante de medios como os agora desaparecidos e amosa os eu optimismo de cara ao futuro. “Está claro que aos poucos conseguiremos cousas importantes, e o ecosistema que estamos atopando a nivel de comunicación cada vez parece máis interesante. Sen ningunha dúbida alguén virá cubrir este oco, téñoo claro, pero como sempre, cada vez que desaparece un medio é unha traxedia para a sociedade”.