Xornal de Galicia deixa de actualizar o seu web

Estaba anunciado o feche deste medio dixital antes de final de ano

17/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicación
12 lecturas | Compartido 0 veces
O anunciado feche da edición dixital de Xornal de Galicia é xa unha realidade. Logo do despedimento dos xornalistas que traballaban na redacción, o web desta cabeceira leva sen actualizar as súas novas desde o pasado catorce de outubro. Finaliza así o proceso de feche deste medio que anunciara a empresa Udramedios, propiedade do Grupo San José, para antes do final de 2011. Xornal.com iniciara a súa andaina en rede hai trece anos.

Universo culturagalega.gal

04/01/2018

Fecha V Televisión

A canle televisiva de La Voz de Galicia cesou as súas emisións o 1 de xaneiro

Contextos

Claves