
O Colexio de Xornalistas xa amosou o seu pesar pola decisión e considera o feche "unha grande oportunidade perdida para construír un periódico dixital cun equipo de profesionais contrastados e co respaldo dun proxecto empresarial que, como se acaba de evidenciar, non tiña a consistencia ou a vocación informativa necesarias".
Desde o comité de empresa, Alba Suárez sinala que a data do feche definitivo dependen agora mesmo da evolucións dos prazos legais para o ERE. "Agora ábrese un prazo de quince días de negociacións. A empresa xa sinalou que a data máxima para manter o web é a finais de ano". Segundo ela, a medida colleu por sorpresa os traballadores do medio. "O que nos transmitiu a empresa cando fechou a edición en papel era que se ía apostar pola electrónica. Nós pensamos que podía ser viable. Desde o punto de vista xornalístico desde logo érao, e agardabamos que tamén o puidese ser a nivel empresarial e se mantivese un certo volume do cadro de persoal".
O feche súmase a xa longa lista de desaparición de medios galegos nos últimos anos, con casos como Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou Vieiros.