Nace unha asociación para potenciar as radios locais

Preséntase no marco do Festigal

22/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

No marco do Festigal, encontro de tendencias, música, cultura e diversidade en Galicia (Santiago, 24-25 de xullo), presentarase ao público “Son radiofusión”. Trátase dunha asociación que pretende buscar unha masa social para axudar a manter e medrar o proxecto comunicativo das emisoras de radio municipais. O acto contará coa presenza de personalidades da música e da cultura galega, como o gaiteiro Daniel Bellón, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, ou o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa. Todos eles conformarán parte do Consello Asesor de SonRadiofusión que comeza a andar publicamente a partir desta fin de semana.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Pousa, Carlos Callón, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística...