Radiofusión queda sen axudas públicas

O concello de Dodro segue os pasos de Ames e elimina o seu Servizo de Normalización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Continúan os recortes económicos para propostas de promoción da lingua. Por unha banda, as 17 emisoras locais integradas na asociación Emisoras Municipais de Galicia, e que emiten en galego baixo a marca Radiofusión, denunciaron que a Xunta lles denegou unha axuda desde a Secretaría Xeral de Medios, que no anterior exercicio chegara a 60.000 euros. De xeito paralelo, A Mesa pola Normalización denunciou que o Concello de Dodro eliminará o seu servizo de Normalización Lingüística, do mesmo xeito que o de Ames anunciara a pasada semana.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Dodro, Ames, Normalización Lingüística

Claves

Entidades
Lugares