O Concello de Ames elimina servizos de lingua, comunicación e cultura

O recorte afecta á radio local, ao servizo de normalización e mais ao de animación á lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O servizo de normalización lingüistica, o de animación a lectura, o gabinete de comunicación e mais a radio municipal de Ames deixarán de existir. Cando menos, así o pretende o goberno local, que eliminaría deste xeito 12 prazas da relación de postos de traballo e despediría nove persoas. A situación xa foi denunciada por sindicatos e por colectivos como a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, que salienta o contraditorio de eliminar este servizo cando o concello acaba de participar na creación da Rede de Dinamización Lingüística. De cara aos vindeiros días agárdanse novos pronunciamentos e informacións sobre o caso.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Concello de Ames

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares