Os Premios Mil Primaveras recoñecerán o traballo no campo da normalización lingüística

A CTNL convoca estes galardóns que valoran accións, campañas, programas e proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os Premios Mil Primaveras recoñecerán o traballo no campo da normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de presentar a primeira edición dos Premios Mil Primaveras. Estes novos galardóns queren recoñecer o traballo de servizos de normalización lingüística (SNL), equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL), asociacións e outras entidades públicas ou privadas, "que teñan como obxectivo a promoción do uso e do prestixio da lingua galega".

Segundo explica a organización, estes galardóns, sen dotación económica, contan coas categorías de premio ao mellor proxecto estabilizado, para aqueles que levan en marcha cinco ou máis anos, ao mellor proxecto novo, nado a partir de 2017, á mellor comunicación e impacto, ao proxecto máis innovador, ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e/ou mocidade e mais ao proxecto de fomento e ámbito sectorial.

As candidaturas a estes galardóns pódense presentar mediante un formulario no web Milprimaveras.gal ata o vindeiro 17 de maios.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, CTNL, Asociacións, Lingua galega