Política Lingüística reducirá os seus orzamentos nun 20 por cento

Os Traballadores de Normalización Lingüística denuncian un descenso de 3,9 millóns para 2010

26/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política lingüística contará en 2010 con 15.572.633 euros, 3,9 millóns de euros menos que no presente ano. A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) denunciaba esta fin de semana o recorte de preto dun 20% dos recursos deste departamento na proxecto de orzamentos para o vindeiro ano. Para este colectivo é especialmente grave o descenso dun 35% no apartado de campañas de normalización, ou o 50% que minguan as axudas á edición en galego. Tamén se verán recortadas as subvencións a entidades sen ánimo de lucro (un 25% menos)ou os fondos destinados aos equipos de normalización dos centros de ensino (un 20%). No entanto, segundo denuncia a CTNL, está previsto un incremento do 20% na contía asignada aos centros galegos no exterior.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Normalización Lingüística, CTNL, Secretaría Xeral de Política Lingüística...