Os oito millóns de euros que os orzamentos de 2012 prevén para a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica supoñen unha redución do 60% aos dispoñibles en 2005, que roldaban os vinte millóns. Asà o sinala a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) nun comunicado publicado hoxe, no que cifra nun 0,089% do total dos orzamentos da Xunta os destinados a lingua. O colectivo de profesionais sinala que con esta redución corren risco de desaparecer a metade dos servizos municipais de normalización lingüÃstica, e lembra que o pasado ano xa de producira unha redución do 40% nestes fondos.
Por partidas, as máis afectadas son as axudas para accións de promoción da lingua desde asociacións sen ánimo de lucro, cun 59% menos, para cursos e actividades de formación, que baixan un 18% e as destinadas aos equipos de normalización nos cenros de ensino, que descenden un terzo.