Os traballadores de Política Lingüística analizan os orzamentos dedicados ao noso idioma

Falar con orzamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) denunciou onte nun comunicado que os orzamentos dedicados a mellorar a saúde do noso idioma “non supoñen un avance”. Entre outras cuestións, este colectivo considera que o incremento de 1,01% revela unha tendencia descendente nos investimentos, máis ao comparar co crecemento total de 7,3% dos orzamentos da Xunta. A maiores, o colectivo critica que o Centro Ramón Piñeiro leve máis de dous millóns de euros, que outros tres vaian en axudas aos medios de comunicación e que o Consorcio de Normalización Lingüística reciba un apoio que consideran escaso.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Política Lingüística, Ramón Piñeiro, Medios de comunicación...