Política lingüística incrementa os seus orzamentos nun 1, 38% para 2008

Os cartos da lingua

26/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
22 lecturas | Compartido 0 veces
En total son 23.247.547 euros o orzamento co que contará a Secretaría Xeral de Política Lingüística en 2008. Isto supón un incremento de só o 1,38% a respecto o ano anterior. Con estes fondos, o departamento que dirixe Marisol López terá que atender este ano á implantación dos novos certificados oficiais para a lingua (Celga), para os que destinará case 3 millóns de euros. A maiores, Política Lingüística terá que atender a Comisión Interdepartamental da Xunta para a Normalización Lingüística, o Consorcio para a Planificación Lingüística e o Consorcio de Terminoloxía Galega, todos eles de recente creación. A maiores está previsto un medre do 25% nas axudas á normalización dos centros públicos.

Máis información no web da Xunta, e nos nosos arquivos sobre os anteriores orzamentos

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Normalización Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Culturagalega