O traballadores de normalización critican o recorte do orzamento para lingua

Política Lingüística terá un 40% menos recursos en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística contará en 2011 con 9.251.115 euros, segundo o proxecto de Orzamentos que presentou a Xunta a pasada semana. Isto supón un descenso de preto do 40% con respecto ao pasado ano. A Coordinara de Traballadores en Normalización da Lingua denunciaba este sábado que o recorte suporá o feche de servizos deste tipo, o despedimento de investigadores ou a parálise de proxectos como a Rede de Dinamización Lingüística, e calificou de "ridículos e insultantes" os investimentos previstos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística