A Xunta cambia o sistema de probas que determinan o coñecemento do galego

De dous a cinco

17/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Antes, o coñecemento do galego medíase en “iniciación” e “perfeccionamento”. Agora, haberá ata cinco que niveis que acreditarán o nivel do idioma dos usuarios. É a estrutura que terá o Certificado de Lingua Galega (Celga) que acaba de presentar a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol lópez. Un equipo do Ramón Piñeiro será o encargado de desenvolver os contidos do Celga utilizando como base o Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas e Plano de Normalización Lingüística. As primeiras probas do Celga terán lugar no último trimestre deste ano.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Normalización Lingüística, Política Lingüística, Lingua galega...