A Rede de Dinamización Lingüistica conta con 45 concellos

A Xunta fai este anuncio logo das críticas á rebaixa orzamentaria deste proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Hai dous días a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) denunciaba a convocatoria de axudas para promoción do galego en entidades locais. Segundo este colectivo, á rebaixa do 30% nos orzamentos sumábase que ata un terzo da puntuación para conseguir estas axudas dependerá de se o concello solicitante está adscrito á Rede de Dinamización que non se constituíu aínda formalmente. Onte, o secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciaba que a entidade conta coa adhesión de 45 concellos de todo o país, e adiantou que moitos outros están a se sumar. As últimas incorporacións foron as de Lousame e a Pobra do Caramiñal.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Política Lingüística, Normalización Lingüística, CTNL...