A Xunta anuncia axudas á edición de libros e normalización nos concellos para 2012

A suspensión da convocatoria feita este ano erguera enormes críticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A edición de libros de texto en galego e os equipos de normalización municipais voltarán ter axudas da Xunta nos orzamentos de 2012. Anxo Lorenzo,secretario xeral de Normalización Lingüística anunciou onte, na súa comparecencia ante o Parlamento, a vindeira publicación de dúas convocatorias con este obxecto. Ademais, no caso das axudas a concellos, a convocatoria será para 2011-2012, de xeito que as entidades locais poderán imputar os gastos xa realizados este ano á mesma. Lorenzo adiantou que na orde “primará no reparto de axudas os concellos que xestionen de forma responsable e que aposten pola fusión de servizos”. Precisamente para finais deste mes farase o acto oficial de presentación da Rede de Normalización Lingüística, á que xa se adscribiron case cen entidades.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Anxo Lorenzo

Claves

Protagonistas