As axudas para Servizos de Normalización LingüÃstica en concellos da Deputación da Coruña veñen de convocarse cun incremento de fondos e unha ampliación de alcance a entidades locais. A Deputación da Coruña reduce de 7.000 a 5.000 o número de habitantes necesarios para que un concello poida concorrer á convocatoria de axudas para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización LingüÃstica. As cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol poderán tamén concorrer para reforzar os servizos existentes. Son algunhas das novidades dunha convocatoria á que a Deputación destina case medio millón de euros, cun incremento sobre o ano anterior en que xa se triplicara o orzamento. A liña destinada a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüÃstica (SNL) municipais será nesta convocatoria de 480.000 €, correspondendo un máximo de 12.000 € a cada beneficiario nunha distribución a partes iguais entre cada un dos participantes no programa. A Deputación incrementou asà en case cincuenta mil euros unha liña que vira na anterior edición triplicado o seu orzamento que pasara de 150.000 € aos 432.000 € do pasado ano, duplicando tamén a cantidade recibida por cada un dos concellos que pasaba asà de 6.000 a 12.000 euros.
No anterior exercicio foran 38 as solicitudes presentadas con respecto ás 25 do ano anterior. Un total de 56 foron os concellos beneficiados fronte aos 39 da convocatoria previa. A convocatoria contempla, entre outras funcións dos SNL, o asesoramento a administración en polÃtica lingüÃstica, velar polo cumprimento da lexislación na materia, fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade, propoñer programas de dinamización ou mesmo mellorar a calidade lingüÃstica e comunicativa da administración. Os servizos funcionarán tamén como elementos de coordinación e apoio entre a Deputación e os concellos en materia de normalización lingüÃstica apoiando e difundindo accións ou á hora de planificar e executar iniciativas conxuntas.