Os fondos da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica destinados á normalización sofren un novo recorte neste 2020. O DOG publica este 11 de xuño a anulación das convocatorias destinadas a apoiar proxectos de fomento do uso do galego en centros de ensino preuniversitario de titularidade pública e privada. Unha circular aos centros afectados anunciaba onte esta decisión, que supón detraer outros 373.833 euros do apoio económico á normalización lingüÃstica. Esta decisión súmase á reorientación de 1,5 millóns dos cartos destinados a campañas de normalización lingüÃstica que se destinaron ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 no pasado mes de maio.
A orde deixa sen efecto a convocatoria do 27 de decembro de 2019 para centros públicos, dotada con 350.000 euros, e mais a da mesma data para centros privados, que PolÃtica LingüÃstica Dotou con 23.833 euros. A ConsellerÃa de Cultura apunta como motivo desta suspensión que "tendo en conta a situación excepcional xerada como consecuencia da COVID-19, e aÃnda prevendo o retorno á actividade lectiva presencial en determinados niveis e con carácter voluntario, resulta imposible que se poidan desenvolver os proxectos de fomento do uso do galego presentados".
Sindicatos do ámbito do ensino como a CIG apuntan que esta suspensión xera un problema para os centros, que poden ter que facer fronte a gastos xa realizados en iniciativas deste tipo sen contar co apoio económico destas axudas.