
Os proxectos e programas presentados son, en case todos os casos, iniciativas destinadas ao fomento do galego desde a infancia e na mocidades. AsÃ, o Premio ao mellor proxecto estabilizado, escollido entre aqueles que se leven desenvolvendo durante cinco anos ou máis, foi para Do berce á rúa, a actividade que desenvolve desde 2010 o Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Narón. O xurado salientou que foi un dos primeiros espazos que se creou con recursos para a crianza en galego e serviu de modelo para un programa referente coma o Apego, co cal convive e coopera. No relativo ás iniciativas máis novas, que iniciasen o seu percorrido despois de 2019, o xurado deu o seo Premio Mil Primaveras a CantáMOLA en galego, proxecto do Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Pontevedra, feito por Pepe Cunha e Teresa CuÃña, para dar a coñecer a riqueza e variedade da música en galego, por ser un proxecto que aborda a necesidade de visibilización da música en galego de todos os estilos e por estar especialmente dirixido á mocidade.
O xurado desta terceira edición dos galardóns decidiu que o Premio á mellor comunicación e impacto, escollido por acadar un grande impacto social e por supor un modelo positivo de comunicación se repartise entre dous proxectos relacionados entre eles e con dúas grandes plataformas de rede sociais: Twitter en galego e Instagram en galego. O xurado destacou que son proxectos efectivos, con alta repercusión social e nos cales se traballa de forma horizontal. Tamén valorou o feito de que se superan os 33.000 seguidores en Twitter, e os 32.000 en Instagram, e que son referentes para outras iniciativas. No relativo á capacidade de anovar, o Premio ao proxecto máis innovador, escollido atendendo á innovación da súa maneira de intervir, da súa linguaxe, do seu ámbito de actuación, foi para Somos xogo, un proxecto privado de difusión do patrimonio lúdico e de xogos. Esta iniciativa da empresa Xandobela. Educación e Cultura, mereceu o premio ao destacara para o xurado o seu carácter "aglutinador, transversal, que achega a tradición á actualidade e que asocia a lingua a algo que valoramos positivamente, o xogo". O premio na categorÃa destinada principalmente á infancia e á mocidade recaeu no proxecto escolar Dicionario galego para boomers, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo. O xurado salientou que é un proxecto que dá protagonismo e papel activo á xente nova e vincula o galego non co pasado, senón co novo, o moderno e o máis actual. O xurado tamén destacou a eficiencia comunicativa a través das redes que manexa a mocidade e o coidado deseño. O xurado escolleu como mellor iniciativa sectorial, aquela que persegue un maior uso do idioma nun eido sectorial concreto, o proxecto Media laranxa, dirixido á cociña e a gastronomÃa, con gran repercusión nas redes sociais, onde busca o diálogo coas persoas usuarias, principalmente a través de xogos. O xurado tamén valorou que consiga a colaboración de empresas e que poña en valor a riqueza dialectal, alén do emprego de soportes actuais, pois ten presenza en TikTok, Instagram e Facebook.