A normalización local debátese na Coruña

O Pazo de Mariñán acolle os II Encontros de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os perfís profesionais dos técnicos de normalización municipais ou os problemas da normalización nas cidades son algúns dos ámbitos que se tratan hoxe no marco dos II Encontros de política lingüística desde as administracións locais da Coruña. Este foro de reflexión reúne a uns 75 representantes de diferentes entidades locais neste campo. A maiores, unha mesa redonda amosará a experiencia de Melide, onde os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino traballan de xeito coordinado cos seus homólogos municipal con resultados destacados.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Política Lingüística, Pazo de Mariñán, Normalización Lingüística...