Os visitantes da catedral de Tui atopáronse este sábado cunha actividade inusual no vello templo: o claustro acollÃa a xornada “A emoción dos viños”, unha proposta que tentaba vincular cultura e enogastronomÃa coa colaboración dos viticultores máis creativos de Galicia. Entrementres, un grupo de turistas percorrÃa a Ribeira Sacra combinando tamén o coñecemento de adegas coa restauración e recuperación patrimonial. Unha nova mentalidade conecta en Galicia territorio, cultura e viñedos.
Son eventos habituais noutros territorios vinÃcolas, pero non tanto en Galicia, onde a maior parte das accións de promoción e visibilización teñen que ver coas denominacións de orixe e os aspectos máis industriais da elaboración vinÃcola. Pero o crecemento do uso social do viño en Galicia nos últimos anos conlevou a diversificación dos axentes que apostan polo viño e, cada vez máis, o sentido cultural da experiencia vinÃcola. Coa chegada do verán, sucédense os eventos que reivindican unha perspectiva cultural do viño.
No claustro da catedral de Tui, os visitantes puideron disfrutar, o sábado pasado pola tarde, dunha xornada de cata deviños especial. Na idea de A Viñoteca de GarcÃa e a Asociación Galega de Sumilleres (AGASU), estaba a idea de “devolver a Galicia ao lugar onde lle corresponde neste universo do viño, que non é outro que o dos viños de máis calidade de Europa e por ende do mundo”. Unha selección de viticultores de pequenas producións, de Galicia e do norte de Portugal, caracterizados por procurar unha nova expresión do territorio nos viños, que se caracteriza pola recuperación de variedades autóctonas e a procura da expresión tradicional. Para AGASU, “o denominador común é a creación artesá, de baixa produción e a presenza dun creador, viticultor, enólogo, colleiteiro, que distancia estas propostas da versión industrial do viño”. Deste xeito, no Claustro de Tui reunÃronse, entre outras, adegas como Algueira, GuÃmaro ou Régoa (Ribeira Sacra), Forxas do Salnés, Do Ferreiro, Lusco (RÃas Baixas), Valdesil ou Rafael Palacios (Valdeorras), Gomariz ou Pazo Casanova (Ribeiro), Quinta da Muradella (Monterrei) ou portugueses, como Anselmo Mendes.
Galicia on the Road
Entrementres, en Monforte, sede da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, un grupo de visitantes percorren o Centro do Viño. Son un reducido conxunto de viaxeiros organizados por unha Distribuidora de Viños, MarÃa FechorÃa, que abriu unha nova liña de negocio nas viaxes enoturÃsticas a través das cinco denominacións de orixe galegas. “Non lles vou falar só de paisaxe, senón tamén de paisanaxe”, sinala a guÃa. O percorrido polo Centro do Viño da Ribeira Sacra sinala un novo punto de vista sobre o sector do viño. Lonxe de datos técnicos sobre a colleita, a fermentación ou os procesos de elaboración, o Centro TurÃstico introduce aos visitantes na cultura do viño, na pegada que este deixa nos homes e no seu xeito de vida. Un vÃdeo introduce aos visitantes na emoción dos viticultores e habitantes da Ribeira Sacra polo seu territorio. O viño é o catalizador dun discurso que ten que ver tanto coa paisaxe como coa cultura.
MarÃa FechorÃa inaugurou estas viaxes como un xeito de trasladar a grupos reducidos a filosofÃa de viños da propia distribuidora. Seguindo o ronsel de series televisivas internacionais que nos últimos anos amosan viaxes por potentes zonas enogastronómicas, o programa das Galicia on the road, coordinadas por Jorge Vila, permiten coñecer a pequenos viticultores nos seus propios viñedos, mentres os visitantes tamén percorren elementos de interese cultural nos territorios das cinco denominacións de orixe galegas, máis alá da oferta das grandes adegas, nunha fórmula de proximidade que aproxima aos visitantes á cultura e ao espazo local.
O carballo de criar
Unha vez máis, paisaxe, viño e identidade fúndense e conéctanse. Na presentación desta semana, o viticultor Fernando González, da Adega Algueira (Doade), presentou o resultado dun proxecto I+D levado a cabo en colaboración coa Escola Politécnica de Lugo: viño criado en barricas de carballo galego. O “experimento” presentarase este venres 1 de xullo, pero Fernando González ten claros os obxectivos: “pechar o ciclo, introducir nunha botella o clima, o solo pero tamén os bosques de Galicia”. González sinala que os franceses teñen pechado este ciclo a partir dun producto de prestixio no mundo do viño como as barricas de carballo francés. “Queremos reivindicar o bosque galego, agora moi abandonado, como un espazo que pode ter un novo horizonte. En España hai tantas barricas como habitantes. Mirade se ten futuro”, sinala Fernando González. As barricas que se empregaron son de exemplares de Quercus Robur da zona da Terra Cha, pero para tan delicado traballo non se poden empregar os carballos das fragas, hai que iniciar unha nova silvicultura desde o principio.
Unha nova mentalidade para o mundo do viño, que se conecta co resto da realidade galega para proxectarse no futuro.
A fala dos viños
Dentro das iniciativas de conexión entre o viño e a cultura están as campañas de etiquetado en lingua galega dos viños, promovidas polo Asociación de Funcionarios para a Normalización LingüÃstica de Galicia e o Foro E. Peinador. Para o presidente deste último, Xosé Estévez, "a lingua reforza a denominación de orixe", e xa que logo, realizan unha campaña anual de promoción do galego como parte da identidade dos viños do paÃs. No 2008, un dos promotores da iniciativa, Xosé González, sinalaba a progresión no etiquetado en galego, "no 2003 era o 3,41%, hoxe é o 30,68% do total das adegas". A Asociación promove anualmente, a través de campañas, o etiquetado en galego e a visibilización dos produtos das adegas que adoptan a nosa lingua.