Son unha multitude. Coñecedores da historia que buscan, descobren, documentan, divulgan e en ocasións mesmo escavan e musealizan pezas do noso patrimonio. Malia ao traballo de institucións, empresas e universidades, os arqueólogos afeccionados seguen a desempeñar un papel fundamental no coñecemento sobre o noso pasado. No entanto, a lexislación non favorece este tipo de iniciativas e mesmo provocou un importante descenso na actividade deste tipo.
A orixe desta disciplina en Galicia débese, precisamente, ao traballo de afeccionados. Pioneiros como a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, a finais do século XIX, tiveron continuidade no traballo de membros do Seminario de Estudos Galegos e da Xeración Nós e, posteriormente, no de colectivos como o grupo GarcÃa Alén. “O patrimonio galego coñécese grazas aos afeccionados. Practicamente todos os depósitos foron descubertos por eles”, lembra Antonio de la Peña, conservador no Museo de Pontevedra e unha autoridade na arte rupestre do paÃs, que fixo parte precisamente deste último colectivo. Pola súa banda, Xosé Lois Vilar, arqueólogo que desenvolve a súa actividade no marco da asociación Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), concorda en afirmar que “hoxe a arqueoloxÃa está maioritariamente en mans de afeccionados. Se non existisen, e hai moitos, licenciados e non licenciados, esta ciencia non terÃa avanzado nada. O noventa e tanto por cento dos petróglifos que existen no paÃs foron descubertos por afeccionados. E entre eles podemos contar a Risco, a Cuevillas, a Bouza Frei ou a Antón Fraguas. Ningún era arqueólogo, pero fixeron todo o que fixeron”.
As leis e os afeccionados
No entanto, na actualidade as condicións para ter este hobby non son as máis axeitadas. A lexislación sobre patrimonio arqueolóxico restrinxiu moito quén pode estudar e escavar os nosos bens históricos máis antigos. Tanto a Lei de Patrimonio de 1995 como o decreto que regula a actividade arqueolóxica desde 1997 establecen a necesidade de solicitar permisos á administración para calquera tipo de actuacións e esixen a a presenza dun titulado nesta disciplina nas mesmas. Segundo explica De la Peña, “xa desde o decreto que saira no 89 se lle deu unha patada a todo o que fose a intervención dos afeccionados. Para calquera tipo de actuacións, mesmo para saÃr ao monte a buscar mámoas, requerÃa un permiso previo e unha solicitude por parte dun titulado, e mesmo prohibÃa facer fotografÃas de restos”, explica. Malia a que a lexislación posterior suavizou un pouco os termos, este investigador sostén que as limitacións son semellantes. “A lei de Patrimonio fÃxose de costas á nosa realidade, esta lexislación produciu nos anos 90 un parón importante de escavacións, publicacións e investigacións”, ata que a mediados da década comezaron a xurdir empresas de arqueoloxÃa e comezaron a se artellar equipos da disciplina nas universidades. “Moita xente deixou de buscar e de atopar novos depósitos e elementos do patrimonio, mesmo deixaron de os vixiar, e os que seguiron fixérono traballando daquela maneira e deixando sen publicar moitos dos seus achados, co atraso que iso supón para o coñecemento da nosa Historia. Houbo moitas persoas válidas e namoradas desta profesión que por este tipo de cuestións abandonaron a investigación”.
Descubertas ilegais
A situación legal provoca casos como que “o 90% dos petróglifos que se coñecen en Galicia son froito dunha actividade ilÃcita. Agás algunhas excepcións permitidas pola administración, todas as publicacións ao respecto a partir dos anos noventa son implicita ou explicitamente ilegais. Enténdese que para unha prospección cómpre facer os mesmo trámites que para unha escavación, ser titulado, presentar un programa de investigación... non podes ir polo monte e atopar un petróglifo, un castro ou unha mámoa”, lembra De la Peña. Como curiosidade, este arqueólogo salienta que “unha persoa calquera pode pode atopar cruceiros, que non son bens arqueolóxicos, ou facer un estudo sobre capiteis románicos, pero non sobre capiteis romanos, por exemplo, que xa se atopan dentro desta lexislación”. Malia a recoñecer que as medidas contempladas nas leis favorecen a priori a conservación do Patrimonio “tentaron por orde nun caos normativo”, e que “hai máis protección”, este investigador apunta tamén que “non se pode protexer o que non se coñece nin se valora. Non se pode protexer furtando o patrimonio da vista e da participación social”.
Afección de calidade
Ao falar do traballo que se desenvolve por amor à arte, tanto un coma o outro defenden a calidade e o coidado con que este colectivo enfronta o seu traballo. De la Peña Salientan que “eu non entendo afeccionado con connotación despectiva, senón como alguén que traballa sen recibir remuneración a cambio. Eu mesmo cando vou ao monte ver un petróglifo ou dar unha charla á que non estou obrigado, fágoo por afección”, explica, “un titulado fóra de servizo tamén é un afeccionado”. Pola súa banda Vilar defende a calidade que poden acadar este tipo de investigacións. “No IEM temos polo menos dous arqueólogos titulados. Logo hai que informar a xente que ven facer as escavacións, non podes meter a calquera e que destrocen o depósito. Pero nas empresas de arqueoloxÃa é o mesmo, teñen dous ou tres arqueólogos e o resto son todos peóns. E no caso de que contraten máis arqueólogos, é mal pagos, iso pasa sempre”. Malia ás restriccións legais, o IEM apunta que, en cumprindo os requisitos correspondentes, non hai problema para abordar proxectos non profesionais. “Coas administracións normalmente non hai ningún problema especial. Os mesmos requisitos que nos poden solicitar a nós pódenllo pór a calquera. Escavar por escavar non se pode facer aquÃ, cómpre que haxa unha xustificación cientÃfica e que haxa unha continuidade despois, e iso é normal. Facer buratos e logo non manter todo iso non pode ser, non se poden deixar as catas abertas a se encher de auga e a estragarse todo”.
A difusión
A relación deste tipo de traballo coas empresas profesionais de arqueoloxÃa ou con aqueles investigadores que desenvolven o seu traballo ao abeiro de institucións e universidades non é de competencia. Segundo asegura Vilar, mesmo “moitas veces aprovéitanse do noso traballo cando os contratan para investigar cousas que nós descubrimos antes”. A grande queixa dos afeccionados, é, no entanto, a falta de publicacións e de difusión das descubertas que se realizan desde o sector privado. “Se non fose por iniciativas deste tipo, non se coñecerÃa a arte rupestre ata hai cinco anos, cando comezou a traballar un equipo da Universidade sobre isto”, lembra De la Peña. “De cara ao coñecemento do patrimonio de Galicia a arqueoloxÃa profesional foi francamente deficitaria, as empresas fan investigación pero non están obrigadas a difundir os resultados”. O freo á actividade afeccionada provocado pola lexislación pódese ver, segundo este investigador no número de publicacións sobre o noso patrmionio deste tipo. “Hai un antes e un despois desta lei no volume, e o cambio non é positivo. Na actualidade é a arqueoloxÃa afeccionada a que leva o groso de publicacións e de traballos de difusión”, conclúe. Canda á importancia no coñecemento do pasado, os dous arqueólogos salientan o labor único de divulgación e de denuncia que se aborda desde o colectivo amador. “Ningunha empresa ou arqueólogos profesionais van denunciar a destrucións de castros, petróglifos ou outros restos. Tampouco se lle ve denunciar nada á universidade. Todo o aspecto reivindicativo sae de asociacións”, explica Vilar.
Vantaxes
Para alén da calidade do traballo que poden conseguir os afeccionados á arqueoloxÃa, involucrar a non profesionais ten as súas vantaxes. Segundo Vilar, “En calquera cousa que fagas, para alén de preparación profesional, se non tes corazón para facer as cousas non hai traballo que dea bos resultados. E neste caso hai coñecemento e corazón, e non andas a mirar o reloxo, os resultados son os que son. No sur da RÃa de Vigo no ano 83 coñecÃanse seis ou sete petroglifos, hoxe hai máis de 500 e foron todos descubertos por afeccionados. Hai afeccionados vencellados á zona da Serra da Groba que amosaron máis de 200 depósitos arqueolóxicos sen catalogar entre mámoas, zonas de hábitat, petróglifos, castros ou restos medievais”. De la Peña conclúe: “a xente ten que coñecer o seu patrimonio, e mentres a administración non baixe do limbo no que está son os colectivos de afeccionados os que fan estes traballos”.
Decreto que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.A orixe desta disciplina en Galicia débese, precisamente, ao traballo de afeccionados. Pioneiros como a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, a finais do século XIX, tiveron continuidade no traballo de membros do Seminario de Estudos Galegos e da Xeración Nós e, posteriormente, no de colectivos como o grupo GarcÃa Alén. “O patrimonio galego coñécese grazas aos afeccionados. Practicamente todos os depósitos foron descubertos por eles”, lembra Antonio de la Peña, conservador no Museo de Pontevedra e unha autoridade na arte rupestre do paÃs, que fixo parte precisamente deste último colectivo. Pola súa banda, Xosé Lois Vilar, arqueólogo que desenvolve a súa actividade no marco da asociación Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), concorda en afirmar que “hoxe a arqueoloxÃa está maioritariamente en mans de afeccionados. Se non existisen, e hai moitos, licenciados e non licenciados, esta ciencia non terÃa avanzado nada. O noventa e tanto por cento dos petróglifos que existen no paÃs foron descubertos por afeccionados. E entre eles podemos contar a Risco, a Cuevillas, a Bouza Frei ou a Antón Fraguas. Ningún era arqueólogo, pero fixeron todo o que fixeron”.
As leis e os afeccionados
No entanto, na actualidade as condicións para ter este hobby non son as máis axeitadas. A lexislación sobre patrimonio arqueolóxico restrinxiu moito quén pode estudar e escavar os nosos bens históricos máis antigos. Tanto a Lei de Patrimonio de 1995 como o decreto que regula a actividade arqueolóxica desde 1997 establecen a necesidade de solicitar permisos á administración para calquera tipo de actuacións e esixen a a presenza dun titulado nesta disciplina nas mesmas. Segundo explica De la Peña, “xa desde o decreto que saira no 89 se lle deu unha patada a todo o que fose a intervención dos afeccionados. Para calquera tipo de actuacións, mesmo para saÃr ao monte a buscar mámoas, requerÃa un permiso previo e unha solicitude por parte dun titulado, e mesmo prohibÃa facer fotografÃas de restos”, explica. Malia a que a lexislación posterior suavizou un pouco os termos, este investigador sostén que as limitacións son semellantes. “A lei de Patrimonio fÃxose de costas á nosa realidade, esta lexislación produciu nos anos 90 un parón importante de escavacións, publicacións e investigacións”, ata que a mediados da década comezaron a xurdir empresas de arqueoloxÃa e comezaron a se artellar equipos da disciplina nas universidades. “Moita xente deixou de buscar e de atopar novos depósitos e elementos do patrimonio, mesmo deixaron de os vixiar, e os que seguiron fixérono traballando daquela maneira e deixando sen publicar moitos dos seus achados, co atraso que iso supón para o coñecemento da nosa Historia. Houbo moitas persoas válidas e namoradas desta profesión que por este tipo de cuestións abandonaron a investigación”.
Descubertas ilegais
A situación legal provoca casos como que “o 90% dos petróglifos que se coñecen en Galicia son froito dunha actividade ilÃcita. Agás algunhas excepcións permitidas pola administración, todas as publicacións ao respecto a partir dos anos noventa son implicita ou explicitamente ilegais. Enténdese que para unha prospección cómpre facer os mesmo trámites que para unha escavación, ser titulado, presentar un programa de investigación... non podes ir polo monte e atopar un petróglifo, un castro ou unha mámoa”, lembra De la Peña. Como curiosidade, este arqueólogo salienta que “unha persoa calquera pode pode atopar cruceiros, que non son bens arqueolóxicos, ou facer un estudo sobre capiteis románicos, pero non sobre capiteis romanos, por exemplo, que xa se atopan dentro desta lexislación”. Malia a recoñecer que as medidas contempladas nas leis favorecen a priori a conservación do Patrimonio “tentaron por orde nun caos normativo”, e que “hai máis protección”, este investigador apunta tamén que “non se pode protexer o que non se coñece nin se valora. Non se pode protexer furtando o patrimonio da vista e da participación social”.
Afección de calidade
Ao falar do traballo que se desenvolve por amor à arte, tanto un coma o outro defenden a calidade e o coidado con que este colectivo enfronta o seu traballo. De la Peña Salientan que “eu non entendo afeccionado con connotación despectiva, senón como alguén que traballa sen recibir remuneración a cambio. Eu mesmo cando vou ao monte ver un petróglifo ou dar unha charla á que non estou obrigado, fágoo por afección”, explica, “un titulado fóra de servizo tamén é un afeccionado”. Pola súa banda Vilar defende a calidade que poden acadar este tipo de investigacións. “No IEM temos polo menos dous arqueólogos titulados. Logo hai que informar a xente que ven facer as escavacións, non podes meter a calquera e que destrocen o depósito. Pero nas empresas de arqueoloxÃa é o mesmo, teñen dous ou tres arqueólogos e o resto son todos peóns. E no caso de que contraten máis arqueólogos, é mal pagos, iso pasa sempre”. Malia ás restriccións legais, o IEM apunta que, en cumprindo os requisitos correspondentes, non hai problema para abordar proxectos non profesionais. “Coas administracións normalmente non hai ningún problema especial. Os mesmos requisitos que nos poden solicitar a nós pódenllo pór a calquera. Escavar por escavar non se pode facer aquÃ, cómpre que haxa unha xustificación cientÃfica e que haxa unha continuidade despois, e iso é normal. Facer buratos e logo non manter todo iso non pode ser, non se poden deixar as catas abertas a se encher de auga e a estragarse todo”.
A difusión
A relación deste tipo de traballo coas empresas profesionais de arqueoloxÃa ou con aqueles investigadores que desenvolven o seu traballo ao abeiro de institucións e universidades non é de competencia. Segundo asegura Vilar, mesmo “moitas veces aprovéitanse do noso traballo cando os contratan para investigar cousas que nós descubrimos antes”. A grande queixa dos afeccionados, é, no entanto, a falta de publicacións e de difusión das descubertas que se realizan desde o sector privado. “Se non fose por iniciativas deste tipo, non se coñecerÃa a arte rupestre ata hai cinco anos, cando comezou a traballar un equipo da Universidade sobre isto”, lembra De la Peña. “De cara ao coñecemento do patrimonio de Galicia a arqueoloxÃa profesional foi francamente deficitaria, as empresas fan investigación pero non están obrigadas a difundir os resultados”. O freo á actividade afeccionada provocado pola lexislación pódese ver, segundo este investigador no número de publicacións sobre o noso patrmionio deste tipo. “Hai un antes e un despois desta lei no volume, e o cambio non é positivo. Na actualidade é a arqueoloxÃa afeccionada a que leva o groso de publicacións e de traballos de difusión”, conclúe. Canda á importancia no coñecemento do pasado, os dous arqueólogos salientan o labor único de divulgación e de denuncia que se aborda desde o colectivo amador. “Ningunha empresa ou arqueólogos profesionais van denunciar a destrucións de castros, petróglifos ou outros restos. Tampouco se lle ve denunciar nada á universidade. Todo o aspecto reivindicativo sae de asociacións”, explica Vilar.
Vantaxes
Para alén da calidade do traballo que poden conseguir os afeccionados á arqueoloxÃa, involucrar a non profesionais ten as súas vantaxes. Segundo Vilar, “En calquera cousa que fagas, para alén de preparación profesional, se non tes corazón para facer as cousas non hai traballo que dea bos resultados. E neste caso hai coñecemento e corazón, e non andas a mirar o reloxo, os resultados son os que son. No sur da RÃa de Vigo no ano 83 coñecÃanse seis ou sete petroglifos, hoxe hai máis de 500 e foron todos descubertos por afeccionados. Hai afeccionados vencellados á zona da Serra da Groba que amosaron máis de 200 depósitos arqueolóxicos sen catalogar entre mámoas, zonas de hábitat, petróglifos, castros ou restos medievais”. De la Peña conclúe: “a xente ten que coñecer o seu patrimonio, e mentres a administración non baixe do limbo no que está son os colectivos de afeccionados os que fan estes traballos”.
Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.