Polémica polas declaracións da concelleira de Cultura da Coruña

Calificou de "cousas demasiado galegas" a programación cultural do anterior goberno

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As declaracións da flamante concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, sobre a programación cultural do anterior goberno municipal están a xerar unha ampla polémica. Nunha entrevista a El Ideal Gallego, a edil sinalaba que na cidade "ata o de agora estiveron programándose cousas demasiado galegas. Eu creo que se debe ofertar cousas de aquí, evidentemente, pero tamén programar outras cousas. O importante é que para que che interese a cultura tes que a entender, e ten que estar nun idioma que entendas". Ante estas declaracións, a Mesa pola Normalización reclamou unha rectificación inmediata ao considerar as declaracións "absolutamente improcedentes". Ao tempo, na rede social Twitter a cuestión motivou a creación dun hashtag, #cosasdemasiadogallegas na que os usuaarios están a publicar múltiples brincadeiras sobre a cuestións. Tamén o web Sei o que nos figestes... achegou a súa propia piada coa creación dun "Control de exposición a galleguidad".

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter

Claves

Conceptos