Neste 2009, mentres recrúa o debate sobre a lingua en Galicia, conmemóranse os 25 anos dun momento crucial no seu proceso de normalización. A Declaración dos alcaldes galegos sobre o uso do idioma na administración local supuxo un importante apoio á integración do galego neste campo. Repasamos como están as cousas un cuarto de século despois.
XoaquÃn Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización LingüÃstica, resume a evolución da lingua no ámbito da administración municipal, que considera en xeral positiva. “Maioritariamente os concellos en xeral asumiron o galego como lingua de traballo, cando menos os medianos. Tanto a nivel interno como na relación cos cidadáns, ese obxectivo a nivel local conseguiuse”, recoñece.
A declaración
Pode sorprender que, hai 25 anos, só un despois da aprobación da Lei de Normalización LingüÃstica, o Hostal dos Reis Católicos acollese 187 alcaldes para amosaren o seu apoio á nosa lingua. Segundo lembra Monteagudo, “foi algo un pouco espontáneo. Realmente xurdiu dun grupo de xente que vÃa que os concellos funcionaban de xeito moi independente e tentaron buscar un sentimento común á maiorÃa dos mesmos e que servise para arrastralos. Naquel momento non habÃa infraestruturas nin medios e non se podÃa facer moito máis do que unha declaración”. Na coñecida coma Declaración do Hostal, os edÃs asinantes comprometÃanse a que a documentación dos concellos ou os rótulos fosen no noso idioma. Do mesmo xeito, instaban a organizar de cursos e de formación e de accións de promoción a prol da nosa lingua e a favorecelo en campañas publicitarias e programas de acceso á función pública, entre outras medidas.
O traballo pendente
Malia a que desde aquela se conseguiron grandes avances, coma a existencia de ferramentas informáticas ou servizos de normalización propia en moitos concellos, Monteagudo pensa que cómpre aÃnda moito por facer. “O fundamental nesta altura era conseguir uns estándares mÃnimos de emprego do galego e de calidade da lingua. Para isto cumprirÃan tamén ferramentas estandarizadas, que non se están conseguindo”. Vocabularios, léxicos, modelos de documentos ou fondos comúns son ferramentas fundamentais para consolidar a presenza da nosa lingua neste ámbito. Indo para alén, desde a Asociación de Funcionarios reclaman que a Xunta tome cartas neste ámbito e apoie o desenvolvemento dun fondo documental común. “Isto deberÃa estar a disposición da administración local e permitir acceder, por exemplo a pregos de condicións, relacións de postos de traballo ou orzamentos, unificados e estandarizados”.
Non todo está feito
Nun momento no que a nosa lingua está a sufrir unha ofensiva desde determinados medios, a posibilidade de que se produza un retroceso neste sector non é para nada impensable. “Posiblemente nos concellos rurais non haxa volta atrás. O que acontece é que o proceso non é previsible, e se non se avanza en obxectivos coma asociar o galego coas novas tecnoloxÃas ou mellorar a calidade da lingua, pode ser perigoso. Son ámbitos que se moven continuamente, e o galego ten que se mover con iso”.
Normalizar desde o local
Para alén da normalización interna destes espazos, os concellos desempeñaron tamén un importante papel na difusión do galego no conxunto da sociedade. CartelarÃa, discursos e todo tipo de documentos e mensaxes asocian de xeito habitual a nosa lingua coas propostas que chegan dos concellos. Nos últimos anos, a aprobación de Plans de Normalización Locais coma o de Compostela, achegan unha nova dimensión ao labor de naturalización da lingua no noso paÃs, implicando diferentes axentes sociais coa defensa e promoción do idioma. “Hai un campo que está sen explotar de abondo, que é a economÃa”. Aproveitar as relacións económicas dos concellos para favorecer que proveedores e empresas empreguen o galego é algo que se desenvolve desde hai anos en distintos concellos. “DeberÃa explotarse isto con máis imaxinación. Non se trata só de servizos públicos coma o lixo ou a auga, hai que buscar a simpatÃa das empresas que prestan servizos e favorecer o galego coma lingua de relación de traballo”.
Os SNL
Unha ferramenta básica que nos últimos vinte e cinco anos se desenvolveu para traballar a prol da lingua desde a administración local son os Servizos de Normalización LingüÃstica. Malia a que en moitos casos contan con escasos recursos e mesmo a súa continuidade no tempo é precaria, estes técnicos desenvolven diferentes traballos de normalización en vilas e cidades ao tempo que pulan pola divulgación da conciencia lingüÃstica entre os propios traballadores. “Penso que o Servizo de Normalización son unha ferramente insuficiente. Cómpre que sexa o propio funcionariado o que aborde, con asistencia exterior, desenvolver o emprego do galego coma lingua de traballo. CumprirÃan tamén cursos de formación, ferramentas informáticas ou integrar iso máis na propia carreira administrativa”.
As propostas
O acto de conmemoración dos 25 anos da Declaración do Hostal, que se celebrou o pasado dez de xullo, serviu tamén para anovar o compromiso das corporacións locais coa nosa lingua. Desta volta, os compromisos céntranse en introducir o galego en ámbitos coma o dos avogados e procuradores, nas escrituras públicas ou a policÃa local. E é que sempre quedan flocos pendentes.
Publicación conmemorativa dos 25 anos da Declaración do Hostal.XoaquÃn Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización LingüÃstica, resume a evolución da lingua no ámbito da administración municipal, que considera en xeral positiva. “Maioritariamente os concellos en xeral asumiron o galego como lingua de traballo, cando menos os medianos. Tanto a nivel interno como na relación cos cidadáns, ese obxectivo a nivel local conseguiuse”, recoñece.