O Valedor do Pobo apoia potenciar o castelán mentres a Mesa convoca unha manifestación

Primar e reivindicar

25/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
21 lecturas | Compartido 0 veces

“Hai que potenciar o castelán onde prima o galego e viceversa”. Estas son as declaracións que facía onte o Valedor do Pobo, Benigno López, no acto de presentación do informe desta institución correspondente a 2006 e que xa están a xerar unha ampla polémica. Precisamente onte tamén, a Mesa pola Normalización Lingüística, convocaba para o vindeiro dezaoito de maio unha manifestación co leme “Polo dereito a vivirmos en galego”.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valedor do Pobo, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Lingua galega