A pesar de que vai diminuÃndo o fluxo de declaracións arredor da cuestión da reforma ortográfica rexeitada pola Real Academia Galega (RAG), continúan alzándose as voces a favor e en contra de tan polémica decisión. Entre as últimas declaracións destacadas, a Mesa pola Normalización LingüÃstica ofreceuse como foro para coordinar a presión social para que a Academia mude a súa decisión. Mentres, o concelleiro coruñés Salvador Fernández Moreda saiu en defensa da decisión desta entidade. O filólogo e deputado nacionalista Francisco RodrÃguez tamén criticou a decisión da Academia o pasado sábado.
Unha mesa para o diálogo
A Mesa pola Normalización LingüÃstica denunciou o pasado sábado que a Real Academia tomou unha decisión errada "e debe rectificar". O presidente da asociación, Xosé Baldomir, sinalou que a a vÃa da razón lingüÃstica para acadar a reforma normativa "está esgotada" logo de que, despois dun ano de debates a cargo dos máis destacados lingüistas do paÃs se rexeitase a proposta.
AsÃ, a Mesa celebra que a decisión da Academia provocase a unidade entre todos o colectivos que propoñen reformas na normativa escrita do galego, e ofreceuse como vÃa para conformar un "corpus social" que inclúa na Academia. Segundo os directivos da mesa, o obxectivo que se persegue é "unificar esforzos" para acadar unha presión social suficiente que leve á Academia a reabrir o debate.
Para os representantes da Mesa, á RAG "só lle queda o apoio da Xunta e dos qeu defenden o galego mentres falan castelán" e lembrou que o debate sobre a norma non está pechado.
En defensa a Academia
O académico Xosé Luis Franco Grande defende hoxe a decisión da Academia nun artigo que publica "La Voz de Galicia". Par Franco Grande, o feito de presentar un texto pechado para que a academia o aceptase ou o rexeitase en bloque é unha "descortesÃa" e critica que os académicos que participaron na redacción da reforma "nunca foron comisionados pola Academia para manter as conversas" e "actuaron por conta propia". Franco Grande lembra que a Academia actuou respectando os seus esttutos e competencias ó decidir sobre a normativa e sinala a necesidade de que a lingua "non pode deixarse exclusivamente en mans dos filólogos". Segundo o escritor, "moitos pensamos que neste momento as modificación pretendidas só achegaban confusión e desconcerto", e "semella que algúns teiman en pecharse no seu gueto, por irracional que sexa e non admiten máis verdade cá súa ".
Tamén o concelleiro e deputadon provincial polo PSOE na Coruña Salvador Fernández Moreda, saÃu o sábado en defensa da decisión da RAG durante o pleno da Deputación. Moreda comezou a súa alocución con "Estou a falar en galego, cousa que non é habitual en min para amosar o meu apoio á decisión que adoptou a Academia". Segundo Moreda, a institución está a ser "inxustamente atacada polos que queren impoñer un galego froito das especulacións nos despachos", e demandou qoe o galego "non sexa colonizado por ningunha lingua estranxeira".
Máis opinións
O portavoz do BNG no congreso dos deputados e filólogo Francisco RodrÃguez manifestou o sábado o seu desacordo coa decisión dos académicos da RAG que, segundo el, "deciden manter un galego illado e o máis próximo posible ó español, antes de recoñecer o amplo espacio lingüÃstico e cultural no que serÃa natural a súa incardinación". Segundo RodrÃguez a concepción lingüÃstica da Academia ten un "espÃrito burocrático, restrictivo e puramente punitivo" e considera o idioma coma "un estandar ortográfico" sen atender a eidos coma a riqueza léxica, a especificidade morfolóxica ou a consolidación de campos semánticos". Seguno o deputado, é un "paradoxo" que as persoas que deciden sobre a normativa sexan "os que non falan galego a cotÃo".
Nestes dÃas a prensa non deixou de ser testemuña de diferentes opinións arredor da cuestión da normativa. AsÃ, no "Faro de Vigo" do sábado Xosé Ramón Pena lembra que, sendo potestade da RAG decidir sobre o idioma "deberán ser os propios académicos os que tomen a iniciativa" de desenvolver reformas. Sinala tamén que ó seu ver, xa existe unha concordia maioritaria no emprego do galego, que estarÃa representada pola norma oficial.
O mesmo dÃa en "O Correo Galego" Luis Daviña defende nunha ampla intervención a conveniencia de modificar a Normativa e a lexitimidade do ILG para realizar a proposta, atacando a algúns dos máis destacados defensores de rexeitar a proposta, como son Paco Vázquez ou Carlos Luis RodrÃguez. No mesmo xornal Manuel Dourado Deira lamenta a decisión da RAG pregúntase polo futuro rumbo da Academia, ó tempo que chama á aproximación progresiva cara de galego e de portugués.
No dÃa de hoxe podemos ler en "La Voz de Galicia" a opinión do histórico galeguista Isaac DÃaz Pardo sobre a decisión da Academia e sinala que na institución "hai moito personalismo". Tamén hoxe en Diario de Pontevedra Xesús López Fernández reclama unha maior fidelidade á lingua falada na elaboración da normativa escrita do idioma, mentres en Xornal.com Suso de Toro lamenta a situación creada e insiste na existencia de presións polÃticas sobre a Academia.